Archive for Xullo 2nd, 2009

A MARCHA DA DIGNIDADE, un artigo de Francisco Xabier Alonso Pérez

 

Subo un artigo do concelleiro do BNG en Vigo, Xabier Alonso (que O Faro de Vigo non o quixo publicar na edición de Manifestación por un convenio xustoonte)  sobre a marcha de dous días a pé  dos traballadores do metal de Vigo. Na chegada dos manifestantes a San Caetano, que reivindican un convenio xusto, estaba presente una representación da Executiva Nacional do BNG, encabezada por Guillerme Vázquez e Francisco Rodríguez, para amosar o apoio da organización frontista ás súa reivindicacións.

 ”Onte martes chegaron a Santiago máis de 2000 traballadores do metal da provincia de Pontevedra para reivindicar un convenio xusto. Coincidindo con esta marcha, pedíronme da revista de pensamento político “Terra e Tempo” unhas notas sobre a situación do nacionalismo político na década dos 70, acerca da miña participación no inicio do sindicalismo nacionalista SOG (Sindicato Obreiro Galego), xermolo da actual CIG e da miña presenza como negociador do Convenio do Metal nos anos 76 e 77.  Read the rest of this entry »

 

Semella que o PP atopou a solución ideal para diminuír as listas de espera sanitarias

Se os diversos organismos, entidades ou empresas  imitan o que fixo a Consellaría de Presidencia en Ourense ninguén levaría aos familiares ao centro  de saúde o que rebaixaría o uso dos servizos  sanitarios . En caso de non facer caso pasarás a ingresar nas listas do paro. Ti escolles!  Ui, mais iso non será culpa do anterior bipartito por pretender facer un Grupo Lácteo Galego, levar adiante o concurso eólico ou  pretender facer uso do galego nas galescolas?

A Xunta de Galiza vén de despedir a unha traballadora do servizo de limpeza da Consellaría de Presidencia en Ourense por ausentarse do seu traballo para levar a urxencias a súa filla enferma. A traballadora viuse na obriga de ausentarse do seu posto para acudir á urxencias coa súa filla de 18 meses, ausencias comunicadas e debidamente xustificadas, segundo consta no propio expediente da administración.

A CIG publica na súa web que  denunciaron uns feitos “inauditos” que vulneran os dereitos dos traballadores/as recollidos no Estatuto do empregado público, na Lei da Función Pública e no convenio colectivo de aplicación. Así mesmo, xa adiantaron que presentarán denuncia contra a Consellaría por despedimento improcedente.