Posted in Galiza on 07/31/2009 01:44 am by Xosé Antón
Hai días que era noticia continuada as protestas e tratoradas dos produtores lácteos contra as grandes distribuidoras
presentes en Galiza co fin de denunciar o dumping e a masiva importación de leite de Francia e doutros países de Europa que chega a poñer en dúbida a calidade do leite. Con iso os sindicatos pretendían chamar a atención dos consumidores para que pensen que cando veñen mercar a estas grandes distribuidoras están contribuíndo a que desfagan o que queda do noso sector lácteo.
A solución deseñada na anterior lexislatura era a constitución do Grupo Lácteo Galego. Aínda que a crise económica e as dificultades para obter financiamento impedían avanzar todo o que se necesitaba, o anterior goberno galego conseguiu sentar á mesa a entidades moi importantes. Ao mundo cooperativo do sector lácteo abríronselle moitas portas grazas ao concurso eólico, unha capitalización que lle permitiría consolidar esta iniciativa nos catro anos da actual lexislatura. Mágoa que a chegada do PP ao goberno da Xunta truncase a positiva transformación do medio rural galego. Read the rest of this entry »
Posted in Mundo on 07/28/2009 07:01 pm by Xosé Antón
Únome a todas as persoas do mundo que hoxe che desexan FELIZ ANIVERSARIO! presidente Chávez.
Mentres os inhumanos sectores oligárquicos imperialistas, coas súas plataformas mediáticas -que lles encubren as enormes desigualdades en materia de acceso a recursos, calidade de vida e poder- enchen de veleno desinformativo as novas que emiten para que o mundo te deteste tanto como eles o fan, as maiorías sociais de todos os sures, as persoas desfavorecidas, oprimidas, os que non teñen pan neste imperfecto mundo e os que traballan para vivir nunha Patria Liberada poñémonos dignamente en pé co puño en alto para reclamar a canda ti un xusto, plural, equilibrado e diverso desenvolvemento humano no universo. Todos desexámosche, camarada Hugo Chávez Frías, longa vida e moita saúde, para que continúes coa política bolivariana que, como o nacionalismo, ten como obxectivo acadar outro mundo posible, alternativo ao imperialismo económico, social e cultural, á opresora mundialización.
Até a Vitoria Sempre. Venceremos!
Posted in A Costa da Morte on 07/27/2009 11:15 pm by Xosé Antón
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, integrado pola Xunta de Galiza e por 267 concellos galegos (entre eles o concello da Laracha) foi a fórmula xurídica escollida por Vicepresidencia da Xunta de Galiza (anterior goberno Bipartito) para unha xestión moderna e innovadora dos servizos sociais que o Goberno dos TUCSIM pretende agora desfacer para privatizalo. Semella que o señor Feijóo non atopa tempo para gobernar, pero si que o ten para desmontar, entre outros, uns servizos sociais públicos e de calidade que tanto necesitan as persoas para mellorar as súas condicións de vida.
A Laracha foi un dos múltiples exemplos de implantación de políticas sociais (licitación do Centro de Día- Residencia,
Galescola, Comedor sobre Rodas, aplicación das Políticas de Igualdade de Xénero…) produto dun esforzo económico e organizativo realizado polo Consorcio de I+B de Vicepresidencia da Xunta de Galiza, sin parangón na historia do País. Capítulo aparte merece o programa TEMPOS DE MULLERES do Consorcio de Vicepresidencia da Xunta de Galiza, que naceu coa vontade de fomentar os espazos de encontro das mulleres. Sabendo que a formación é cada día máis importante, nas dúas edicións realizadas na Laracha, as actividades desenvolvéronas as equipas de Igualdade do Consorcio a través da rede galega de Oficinas de Igualdade e Benestar coñecidas co nome de Oficinas I+B. Colaboraron, na nosa localidade, as asociacións Quinta Feira e A Cutareira, ofrecéndose unha oferta moi ampla e diversificada que remataron cun éxito incuestionábel e sabor agridoce na última. Supoñíase que co cambio de goberno (e logo confirmouse) a brigada de demolición dos TUCSIM tentarían voltar ás políticas do pasado: privatizar e facer que se fai. Read the rest of this entry »
Posted in A Costa da Morte on 07/26/2009 03:46 am by Xosé Antón
Militantes e simpatizantes do BNG de Bergantiños participaron na Manifestación Nacional do Día da Patria Galega na
procura dunha Galiza liberada e integrada nun mundo mellor. Podes acceder aquí á Galería de Fotos que se actualizará dentro duns dias.
Despois de percorrer as rúas do casco vello de Santiago de Compostela chegaron a unha Praza da Quintana ateigada por unas 20.000 persoas ás que portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez lles pediu “adicar todo o noso esforzo a traballar polos intereses da maioría social de Galiza e a gañar a confianza de miles de galegas e galegos que cren que o nacionalismo é a solución para conseguir unha Galiza máis libre e máis próspera”. Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 07/24/2009 07:05 pm by Xosé Antón
Estou de novo aquí nesta realidade imperfecta, abrindo de novo o blogue que pechara temporalmente por vacacións.
Mañá achégome a Compostela, hoxe non podo xa que acabo de chegar de viaxe e teño moito que facer para poder asistir mañán, como lembra o BNG na súa Web, á celebración da grande manifestación patriótica convocada polo Bloque Nacionalista Galego.
A marcha partirá da Alameda ás 12.00 cara as rúas do casco vello de Santiago de Compostela até chegar á Praza da Quintana, a pesares dos bispos. Alí falaránTeresa Táboas, coordenadora executiva; Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova; e o Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, que fechará o acto reivindicativo
Hoxe ás 5:30 da tarde tamén se realizou una homenaxe a Rosalía e Castelao no Panteón de Galegos Ilustres e comezou o Festigal no Campus Sul cunha programación de 48 horas ininterrumpidas.
Por outra banda o PP celebra a ignorancia: hoxe a Asociación de Escritores de Lingua Galega criticou ao goberno tardofranquista da Xunta pola política de retroceso do noso idioma. Acusaron ao (seica)presidente, Alberte Núñez Feijóo de capitanear unha política de eliminación do galego e de asumir unha óptica de colonizados.
Unha aperta a tod@s, vémonos en Compostela.