Unha CIG moi activa celebra o seu quinto congreso este fin de semana
Publicado en Galiza o 19/06/2009 01:46 por Xosé AntónA Comisión de Organización do V Congreso da CIG reunida na mañá do xoves, validou as catro candidaturas
presentadas para conformar a nova Executiva Confederal da central para os vindeiros catro anos. O prazo de presentación rematou onte ás 9:30 horas e despois de confirmar que todas cumprían os requisitos estatutarios foron consideradas xa oficiais.
A Confederación Intersindical Galega (CIG) xorde do seu congreso fundacional, o 19 de marzo de 1994, e é a converxencia das dúas centrais sindicais galegas, CXTG e INTG, que asinaran previamente un pacto de alianza o 2 de abril de 1990. A orixe da CIG, e da INTG e CXTG, remóntase ás loitas sindicais da década dos 70 en Galiza, co nacemento de varias organizacións sectoriais, entre as que cómpre salientar o SOG (Sindicato Obreiro Galego), que deu orixe no ano 1977 á ING (Intersindical Nacional Galega), que se unificará posteriormente coa CTG (Confederación de Traballadores Galegos) e mais a CSG (Central Sindical Galega). Deste proceso de converxencia nacen a INTG e a CXTG, que agora se unifican na CIG. Máis datos