Sen estar no mellor dos escenarios, o BNG volve a Europa
Publicado en Galiza o 08/06/2009 01:42 por Xosé AntónO Parlamento Europeo estará dominado polas forzas políticas da dereita durante os vindeiros cinco años e cunha ultradereita en alza nunhas eleccións con baixa participación. Esas forzas ultraconservadoras, e no caso de Galiza tamén anti-galegas, recibiron un apoio superior ao 50% dos votos emitidos polas galegas e galegos. Mentres, o PSOE e BNG retroceden entre dous e tres puntos no noso país.
A pesar de que os malos resultados do BNG e PSOE nas eleccións galegas inf
luiron negativamente nos resultados destas europeas, o BNG está moderadamente satisfeito, pois conseguiuse que Ana Miranda acceda ao escano de eurodeputada durante ano e medio para que os problemas de Galiza non fiquen silenciados, como ocorreu os últimos cinco anos na eurocámara. O Portavoz Nacional do BNG quixo agradecer, en rolda de prensa, o apoio prestado e lanzou unha mensaxe ás persoas que votaron BNG: o seu voto servirá para contribuír, modestamente, a construír un novo modelo de Unión Europea tan necesario, que responda mellor ás necesidades da maioría social. Estamos comprometidos en seguir traballando por este país cunha convicción absoluta de que somos necesarios en Galiza
.