Presidente de Honduras chega a Nicaragua e recibe contundente apoio dos presidentes do Alba

Clica  en calquera video para velo
Podes ver outros en radiomundial.com.ve

Seguimos informándonos sobre o golpe militar controlado pola  oligarquía hondureña, apoiada polos EE.UU. que recibe fortes críticas dos gobernos progresistas suramericanos.

Non perdas a emocionante intervención  do  presidente constitucional hondureño, Manuel Zelaya, que  foi recibido polos Presidentes Hugo Chávez, Daniel Ortega e Rafael Correa, no medio de persoas que gritaban «¡Uh, Ah, Zelaya no se va!». Mel participa nestes momentos nun cumio da Alianza Bolivariana para los Pueblos de nuestra América (Alba) que lle dá completo apoio. Enténdese que cando digo que para construir a revolución social hai que mirarse no espello dos gobernos progresistas de Suramérica?

James Petras: Militares golpistas hondureños non moverían un dedo sen consentimento de EE.UU.

A  emisora de Los Ángeles Radio Pacífica KPFK 90.7 FM entrevistou onte,domingo 28 de xuño,  ao intelectual estadounidense James Petras, quen sostén que o golpe de estado en Honduras está impulsado polo goberno de Obama, e que os militares hondurenos non moverian un dedo sen o consentimento de Estados Unidos.

 O intelectual estadounidense afirma que detrás dos militares está o goberno de Obama a partir da CIA e oficiais do Pentágono, que son os principais asesores dos que lanzaron o golpe». Indicou que Obama non tomou posición ante o golpe, e que o goberno de Zelaya é un goberno reformista, progresista e moderado que intenta lograr melloras con cambios progresivos a través do sistema electoral. Criticou o seu silencio e que non estea disposto a cortar relacións cos golpistas. «Este presidente está disposto a intervir en todas partes do mundo».

Di que é o segundo intento de golpe de Obama, logo do ocorrido en Irán. O intelectual dixo que Zelaya fixo dúas cousas que exacerbaron á dereita: «permitiu a organización sindical e campesiña sen reprimilos para que poidan reivindicar as súas necesidades, e aproveitando a conxuntura favorable, uniuse ao Alba para recibir axuda económica e concesións petroleiras. Por esa razón, Wáshington lanzou o golpe xunto aos militares».

Persecucións políticas ordenadas pola ditadura hondureña mentres a resistencia social ao golpe se intensifica

Como publiquei onte, segue a terrible persecución a lideres populares, moitos están buscando asilo político nas embaixadas, outros  dirixentes pasaron á clandestinidade, descoñecéndose o paradoiro dalgúns  xornalistas.

Seiscentas ordes de captura contra dirixentes populares emitiu hoxe a ditadura de Honduras, coa firma de Ortiz Colindre que foi elixido chanceler o día de onte polo Goberno de facto. A lista inclúe dirixentes sociais, funcionarios do goberno lexítimo e representantes das Misións Sociais cubanos e venezolanos. Así como foi coñecida anteriormente a detención e tortura dos embaixadores de Venezuela, Cuba e Nicaragua, ademais da detención doutros líderes políticos e alcaldes municipais das diferentes zonas do país dos que até a data non temos información.

Paro xeral en Honduras e pronunciamentos como a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos condenan o golpe de estado e esixen retorno de Zelaya. Mentres os grandes medios da oligarquía golpista como a famosa (e querida polos norteamericanos e europeos) Globovisión xustifica o golpe de estado. Este canal venezolano da ultradereita ( que é usado moitas veces en Europa e EE.UU como exemplo de periodismo)  xustifica golpes de estado como o hondureño e realiza  ataques viscerais, agresivos  contra as políticas sociais do goberno bolivariano de Hugo Chávez.

 

Deixa unha resposta