Preparan en Honduras un golpe de estado contra un presidente de esquerdas

 

Clica no video para ver a intervención de Hugo Chávez na defensa da democracia e do presidente de Honduras, Mel Zelaya.  Intervén tamén, bastante emocionado, o embaixador de Honduras en Venezuela. Comparan  a situación  dos dous países.
Podes ver outros en radiomundial.com.ve

 Manuel ZelayaOs gobernos progresistas de Suramérica temen a materialización dun golpe de estado contra o presidente hondureño, Manuel Zelaya. O intento de golpe de estado ven  despois  dos diferentes esforzos de sectores oligárquicos para evitar que se realice nese país unha consulta non vinculante,  este vindeiro domingo,  ao redor dunha Asemblea Nacional Constituínte. É a oligarquía, toda esa alianza de forzas burguesas e retrógradas que están tratando de frear unha consulta popular. Téñenlle medo ao pobo.

 O embaixador de Honduras ante a Organización Estados Americanos (OEA), Carlos Eslamiada, sostivo hoxe venres que o seu país necesita do rápido exercicio do sistema interamericano co obxectivo de garantir a institucionalidade democrática no país centroamericano. Durante a súa intervención na sesión extraordinaria da OEA para tratar o tema de Honduras, Eslamiada manifestou que “é o momento de que a nosa carta democrática non sexa obxecto de comentarios senón de exercicios prácticos”.

Os gobernos integrantes da Alianza Bolivariana de los Pueblos de nuestra América (Alba) sinalaron a través dun comunicado que se mobilizarán ante calquera intento da oligarquía de quebrantar a orde constitucional e democrático da República de Honduras.

Como se chegou a esta situación de pre – golpe de estado?

 Copio case literalmente o artigo Tegucigalpa, bajo la amenaza de golpe de Estado que Guido Eguigure publica en Rebelión:

O presidente Manuel Zelaya (Mel) constituíu un goberno en 2006 que desde o seu primeiro día tomou distancia dos grupos da poderosa oligarquía e os seus máis fieis representantes, mantendo un poder moi precario con respecto a eses sectores de poder económico e político. No Congreso Nacional quedou desde o primeiro momento sen unha bancada de deputados que apoiasen os proxectos de lei que enviaba ao mesmo.

Eses grupos irritouse co presidente Mel: Perseguiuse a evasión fiscal, unha forma de enriquecemento moi practicada pola gran empresa do país. Eliminou o monopolio da importación de combustibles que deixaba ganancias millonarias a unha empresa. Eliminou os negocios de importación de armas e medicamentos que o dono de dos grandes medios escritos realizara por décadas co estado. Cancelou partidas millonarias mensuais asignadas desde casa presidencial aos grandes medios. A nivel internacional desenvolveu unha política exterior distinta achegándose aos gobernos de esquerda de América Latina. Abriuse a casa de goberno aos sectores populares, facendo unha forma de auditoría social, confrontando a funcionarios do mais alto nivel, cos sectores populares que esixen os seus dereitos. Mel decretou un incremento importante do salario mínimo, bastante precarizado debido ás constantes depreciacións e o consecuente incremento ao prezo da canastra básica. O ultimo ano do seu goberno (2009), ano electoral, aprofundouse esta división.

Mel compensou a súa falta de apoio no Congreso cunha ampla alianza cos sectores populares. Isto agravoulle a súa confrontación cos grupos de poder. Os grandes medios non cesaron un só día de atacar ao seu goberno.

Mel quere facer unha especie de plebiscito ou referendo nacional, para preguntarlle á poboación se quere establecer, ademais da urna presidencial, de deputados e de alcaldes, unha cuarta urna para preguntarlle ao pobo se quere unha Asemblea Nacional Constituínte para facer unha nova constitución. Esta proposta xerou un maremoto político. Aliáronse os sectores máis conservadores para oporse ferreamente á mesma. Montouse unha campaña mediática millonaria para declarar ilegal a campaña que se programou para o 28 de xuño. Utilizáronse desde argumentos legais até os mais baixos ataques mediáticos para desprestixiar usando argumentos obsoletos e de atemorización masiva para evitar que a poboación sexa consultada.

Na historia recente do país, a poboación nunca foi consultada sobre ningún asunto de interese nacional. Onte, 25 de xuño, o Presidente Zelaya convocou aos sectores populares á Casa de Goberno e tamén ao Estado Maior das Forzas Armadas para reafirmar o seu compromiso coa consulta. Os militares estiveron no centro da polémica nos últimos días porque desde os sectores de poder dinlles que non deben obedecer ao seu comandante xeral para dar o apoio loxístico á consulta. Mel chamoulles para asegurarse que a partir de mañá deberanse empezar a distribuír as 15 mil urnas en todo o país. Onte pola tarde circularon moi fortes rumores de que se prepara un Golpe de estado. As fontes foron variadas pero coincidentes. O Congreso Nacional declarouse en sesión permanente. Un estado pouco usado, só en momentos de crises.

 O máis que seguro seguinte movemento será, baixo unha serie de argumentos seudo legais, destituír ao presidente, nomeando unha xunta cívico militar para “restablecer” a constitución que estaba en perigo. O exército sairá ás rúas a reprimir calquera manifestación en apoio ao presidente. Iniciarase unha cacería de bruxas facilitada pola debilidade da organización dos sectores populares. A violación dos máis elementais dereitos estará á orde do día. O único xeito de evitalo será cunha contundente presenza da xente nas rúas apoiando ao presidente.

 O prognóstico de Guido Eguigure é que gañará o medo á represión e isto lamentablemente propiciaraa. Como colofón, o embaixador de Estados Unidos saleu do país onte. De forma moi conveniente. NON estará presente no desenlace desta crise.

Honduras deberá seguir xogando o papel que xa xogou nos 80´s: contención para os gobernos progresistas que veñen do sur e que se achegan perigosamente ao muro do patio traseiro.

 

Deixa unha resposta