Obxectivo: deslexitimar os resultados electorais iranianos (ampliación)

 

O ataque mediático occidental ao presidente Ahmadineyad amosa certo descoñecemento, tanto dos presidente Iránque emiten a información sobre os recentes sucesos de Teherán coma os que a recibimos acriticamente. O presidente iraniano non é un aiatolá. O poder supremo da Revolución Iraniana non está no gañador das recentes eleccións do Estado Persa, por iso quen queira usar os cartos das potencias económicas como EE.UU ou os servizos secretos e a presión mediática contra Mahmud Ahmadineyad, tentando deslexitinar os resultados electorais,  trabúcase de fondo e de obxectivo.

Nas Repúblicas ex – soviéticas saíulles ben, eran outros tempos, había pouco coñecemento da actuación imperialista e a democracia occidental “vendíase” ben. Por iso o resultado das revolucións das cores no antigo espazo socialista tivo un claro gañador nos USA  (independentemente que agora decline nalgunhas repúblicas)

 Para entender a razón das escasas posibilidades de éxito do ataque chega con ler o libro do escritor polaco Ryszard Kapuscinski O Sha ou a desmesura do Poder. Nese libro amósase  a insoportable experiencia da poboación iraniana cun ditador mantido no poder polos países occidentais, sobre todo por EE.UU. Ao final a Revolución dos aiatolás, moi respectados polo pobo, derrocou ao goberno do Sha, un verdadeiro monicreque de EE.UU. Ninguén máis o podería facer xa que os dirixentes e simpatizantes activos do partido comunista daquel Irán foran asasinados, torturados, eliminados polos temidos servizos secretos do anterior rexime imperial.

Os EE.UU aínda non superaron ese episodio, lembrádesvos dos reféns do persoal da embaixada e o caos do exército norteamericano ao querer liberalos?

 Sinala Paul Craig Roberts (foi secretario adxunto do Tesouro no goberno de Ronald Reagan) que os medios corporativos de EE.UU., controlados polo goberno, un verdadeiro Ministerio de Propaganda, reaccionaron ante a reelección de Ahmadineyad cunha serie ininterrompida de informes sobre violentas protestas iranianas por unha elección roubada. Nese mesmo artigo, publica que  o ex xefe militar de Paquistán, xeral Mirza Aslam Beig, dixo na Radio Pastún o luns 15 de xuño, que información de intelixencia indisputable proba que EE.UU. interferiu na elección iraniana.  “Os documentos proban que a CIA gastou 400 millóns de dólares dentro de Irán para impulsar unha colorida pero baleira revolución logo da elección”.

 Esta vez non lles saeu ben o guión marcado, Mousavi (era o candidato que máis posibilidades tiña disputarlle a Ahmadineyad o goberno) perdeu claramente, recibindo o actual presidente o 62,6% dos votos. Iso á lectora ou ao lector pode gustarlle ou non, mais a realidade é esa. A causas dunha derrota tan clara do candidato liberal, cando a prensa occidental agardaba unha segunda volta, aparecen perfectamente analizadas e explicadas por Piotr Goncharov  nun artigo de opinión en RIA Novosti.

 O novo goberno dos USA renunciou hai tempo a atacar militarmente a Irán e disuadiu a Israel de tomar esa iniciativa. Para conseguir «cambiar o réxime», a administración Obama prefire xogar a carta menos perigosa aínda que máis incerta- da acción secreta», sinala desde Rede Voltaire, Thierry Meyssan.

Craig fai referencia ao analista francés cando di que  «Ditas manifestacións reflicten unha profunda división na sociedade iraniana entre un proletariado nacionalista” (apoia a Ahmadineyad ) “e unha burguesía que lamenta a súa marxinación da globalización económica” (entenderíase que apoia ao pro-occidental Mousavi). Actuando baixo corda, Wáshington intenta deslexitimar as eleccións gañadas por Ahmadineyad influír nos acontecementos para derrocar, nunha  operación de guerra psicolóxica, ao presidente reelixido nunha sociedade fracturada en dúas:

O primeiro Irán, islámico confesional, marcadamente antisionista, anti-Israel e anti-EEUU, O segundo Irán represéntase no sector dos «reformistas» (un segmento da sociedade formado na ideoloxía «liberal» e nas pautas da sociedade de consumo capitalista occidental).

A reelección de Ahmadineyad co case 63% dos votos fai que , para certas plataformas mediáticas, sexa necesaria o uso da deturpación nas noticias. Temos un claro exemplo, A BBC  foi collida  enganando ao público, quedando demostrado que as imaxes publicadas por esa cadea de apoio a Mousavi eran na realidade de apoio ao presidente iraniano, pero hai moitas máis novas que nos chegan deturpadas e,  até que se amosa a mentira, cremos nelas cos ollos pechados. Nas recentes eleccións galegas temos exemplos de mentiras enormes, o chamado golpismo mediático, para axudar a que  unha determinada forza política volvese ao goberno.

Escribe o analista  norteamericano James Petras nun artigo traducido en Rebelión, As eleccións iranianas: o timo do roubo electoral, que o máis  asombroso da xeral condena occidental dos resultados electorais por fraude é que non hai nin asomo de probas sobre papel ou froito da observación presentadas antes ou unha semana despois do reconto. Durante toda a campaña electoral, non houbo ningunha acusación crible (ou até dubidosa) de manipulación de votos. Mentres os medios occidentais crían a súa propia propaganda dunha inminente vitoria do seu candidato, describían un proceso electoral altamente competido, con acesos debates públicos e niveis sen precedentes de actividade pública, sen ningún obstáculo para o proselitismo. A crenza nunha elección libre e aberta era tan forte que os líderes e os medios occidentais estaban convencidos de que gañaría o seu candidato favorito.

Os medios occidentais confiaban nos seus reporteiros que cubrían as grandes manifestacións dos seguidores da oposición, á vez que ignoraban ou quitaban importancia ás favorables a Ahmadineyad. Pero as contas da casa non saíron como na feira. Por moito que a propaganda occidental fixese, a maioría social iraniana non cre nela e Hosein Musaví somentes recibía 3,2 millóns de votos mentres que  Mahmoud Ahmadineyad chegaba  aos 24,5 millóns. E que, como subliñaba nuns parágrafos arriba, está moi gravado nas mentes iranianas o acontecido no rexime do Sha (apoiado polas potencias occidentais).

 Este domingo,  presidente Mahmud Ahmadineyad, denunciou a Estados Unidos e ao Reino Unido de intervencionisno e instounos a deter esta «interferencia». Coas súas opinións prematuras sairán con toda seguridade do círculo dos amigos de Irán, así que lles aconsellou emendar a súa postura intervencionista.

Non sei se esa  interferencia provoca violencia, pero polo menos 13 persoas morreron e 20 outras resultaron feridas o  pasado sábado, 20 de xuño, por mor de disturbios violentos na capital de Teherán, segundo afirmaron funcionarios iranianos.
As mortes ocorreron, segundo fontes iranianas,  logo que algúns “elementos terroristas” se  infiltraran nas manifestacións. Os terroristas armados incendiaron unha mesquita e dúas estacións de gasolina e atacaron un posto militar.
A televisión estatal previamente anunciou o arresto de membros da Organización Muyahidín Khalq, un grupo opositor exiliado acusado de «actividades terroristas», incluíndo o incendio de autobuses e a destrución de propiedade pública. Outros  medios iranianos comunicaron hoxe  que máis de 450 persoas foron arrestadas en Teherán durante os enfrontamentos do sábado entre a policía e a oposición. Corenta policías resultaron feridos e 34 edificios gobernamentais quedaron deteriorados.

Por outra parte, o portavoz do Ministerio iraniano de Asuntos Exteriores, Hasan Qashqavi, na súa rolda de prensa semanal afirmou que a  prensa estranxeira «elixiu lanzar ataques contra as páxinas iranianas de noticias en internet para crear unha grave brecha entre o Goberno e o pobo», «Nas eleccións participaron 40 millóns de persoas. Non permitiremos que convertan este diamante nunha pedra en mans de persoas que queren lanzala para romper as fiestras do seu propio país», advertiu.

Tamén  anunciou este luns o Goberno de Irán que arrestou a cinco espías europeos que servían de activistas para xerar os disturbios que durante unha semana soportou a cidade de Teherán, tras a reelección do presidente, Mahmud Ahmadineyad, nos comicios do pasado 12 de xuño.

De acordo coa prensa local, Irán acusa a dous alemáns, un británico e dous franceses de participar nas manifestacións, polo que a tese da inxerencia por parte dos países occidentais cobra máis forza desde que foi exposta polo mesmo Ahmadineyad onte domingo, apuntou a canle televisiva Telesur. Este medio de información realiza unha enquisa entre os seus usuarios sobre si existe inxerencia por parte de EE.UU. e Gran Bretaña nos asuntos internos de Irán e a resposta afirmativa a día de hoxe  pasa do  92.8%,  os non  4.85%  e o non sabe/non contesta está no 2.35%

Se queres participar na enquisa   Cre vostede que existe inxerencia por parte de EE.UU. e Gran Bretaña nos asuntos internos de Irán, tras a reelección de Mahmud Ahmadinejad como presidente?   clica aquí

 O embaixador M K Bhadrakumar, que  foi diplomático de carreira do Servizo Exterior da India, escribe no Asia Time Online, traducido en Rebelión, que a revolución de cor está a fracasar en Irán.
A primeira advertencia de que o proxecto aventureiro de facer unha revolución Twitter en Irán estaba condenado ao fracaso tiña que vir dos israelíes. Ao falar no Comité de Asuntos Exteriores e Defensa da Knéset (parlamento) o martes pasado, o xefe de espías israelí puido prever que as protestas en Irán estaban extenuadas. Segundo o xornal Ha’aretz, Dagan dixo: A fraude electoral en Irán non é diferente do que sucede en Estados liberais durante as eleccións. A loita polos resultados da elección en Irán é interna e non ten que ver coas súas aspiracións estratéxicas, incluído o seu programa nuclear.
Explicou: “O mundo, e nós, xa coñecemos a Ahmadineyad. Se vencese o candidato reformista Mousavi, Israel tería un serio problema, porque tería que explicar ao mundo o perigo da ameaza iraniana, xa que Mousavi é percibido na area internacional como elemento moderado. É importante que se recorde que el foi quen iniciou o programa nuclear de Irán cando era primeiro ministro.”
A avaliación é impecable, perfecta. Cun golpe mestre de diplomacia “por baixo da corda”, Israel fixo acenos a Teherán de que non tivo nada que ver con algunha revolución “de cor”. Foi un sinal oportuno. A andanada do sábado do ministro de exteriores iraniano Manouchehr Mottaki sinalou a Gran Bretaña, Francia e Alemaña, pero omitió toda referencia a EE.UU. (ou Israel). Aínda que o Goberno de Irán tamén denunciou este mércores,24 de xuño,  que dentro do grupo de axitadores nos disturbios tras as eleccións do pasado 12 de xuño, había varios que foron pagados pola Axencia Central de Intelixencia estadounidense (CIA, polas súas siglas en inglés), mentres que outros tiñan nas súas pertenzas pasaportes británicos.
O ministro de Interior, Sadegh Masuli, declarou que «numerosos axitadores teñen vínculos con Estados Unidos, a CIA e os Monafeghin ( principal grupo da oposición armada iraniana) e recibiron axuda financeira do seu parte».

Isto apoia as acusacións que fai días o Goberno do presidente reelecto Mahmud Ahmadinejad. fixeron públicas pola inxerencia que países occidentais intentan aplicar en Irán.

Pola súa banda, o ministro de Intelixencia, Gholamhossein Mohseni-Ejei, dixo por medio dun comunicado, que un dos detidos nas manifestacións estaba «disfrazado como xornalista e estaba solicitando información necesaria para os inimigos», ademais que lle foi comisado un pasaporte británico.

Advertiu que «quenquera que, baixo calquera nome ou título, solicite información en Irán será arrestado e até agora un xornalista estranxeiro foi arrestado».

 

Deixa unha resposta