Novo ataque dos TUCSIM: recorte de prestacións, doma, castración e censura.

 

O fanatismo dos TUCSIM ataca de novo, lembrade o que xa se falou aquí das mentiras, da crispación e xeracion-tucsimdos incumprimentos de Feijóo desde que chegou á Xunta de Galiza. Atacan ao anterior Bipartito  para tapar os, case seguro inminentes,  recortes de servizos públicos e nas prestacións sociais e para   xustificar futuras paralizacións de interesantes proxectos postos en marcha na anterior lexislatura. E agora continúan nese obxectivo para crear o ambiente necesario que permita unha posíbel privatización dos servizos públicos ou das discriminatorias medidas en contra da cultura e idioma galego. Por iso a Mesa pola Normalización Lingüística cualificou hoxe os «furibundos ataques do PP contra a lingua galega» como o «inicio dun novo proceso de doma e castración de Galiza. Proceso que a sociedade galega debe parar. Segundo publican algún medios de comunicación galegos, a Consellaría de Educación non descarta que a aprobación do novo Decreto do Galego poida ser durante o verán. Dese xeito, utilizará  o período vacacional para  rebaixar as protestas que provoca esa actitude lesiva contra o idioma galego no noso propio país.

Semella ser tamén parte da castración a  actitude do PP, ao  impedir unha iniciativa do deputado do BNG, Bieito Lobeira, que pretendía evitar o despece subvencionado de 46 buques pesqueiros. Este despece vai implicar a perda de máis de 1000 postos de traballo. Os fanáticos TUCSIM do retrógado goberno da Xunta  queren demostrar, atendendo ás palabras de Lobeira, que somos máis submisos que ninguén, submisión servil, obediencia acrítica” e asumir  dito programa europeo, “unha receita ben coñecida e padecida polo noso sector: despece, redución e desmantelamento da nosa frota”.

Iso si, para que o pobo teña escasa información, pon nos medios públicos a xente que eles consideran axeitada, ao gusto do PP máis ultra dos últimos tempos, que  viola a independencia informativa, aplica a censura na TVG,  persigue, como se fose moi perigosa,  música galega e en galego que poñía Xurxo Souto na Radio Galega para substituíla por música en inglés ou cancela espazos televisivos  programados nun atentando contra a liberdade de expresión.  Agora para velos hai que buscar na rede.  Por se non chegase coa famosa plataforma que realizou un verdadeiro golpe  mediático nas pasadas eleccións ao Parlamento Galego e que posibilitou un cambio de goberno na Xunta de Galiza. As barbaridades que se dixeron non terán consecuencias futuras? Algunha semella que si

 

Deixa unha resposta