Noticia de Impacto: a prioridade da clase traballadora é mercar iates!
Publicado en Galiza o 19/06/2009 12:31 por Xosé AntónPouco a pouco están aparecendo nos medios de comunicación as medidas do PP para saír da crise. Núñez Feijóo dixera que
en 45 días e grazas ás súas propostas, o noso País sairía da crise. O tempo pasou e o único proxecto do PP pasa polo recorte das prestacións sociais e a discriminación do galego. Pero, acenderon a luz para alumearnos o camiño e, coas recentes propostas do PP, xa non imos lembrarnos nunca máis da crispación e dos incumprimentos electorais de Feijóo desde que chegou á Xunta de Galiza. Non lle daremos importancia aos recortes de servizos públicos e das prestacións sociais, tamén ingresará no mundo do esquecemento a paralización de interesantes proxectos postos en marcha na anterior lexislatura. Nin nos decataremos da privatización dos servizos públicos e das discriminatorias medidas en contra da cultura e idioma galego. Son tan interesantes as medidas anti – crise do PP e afectarán tan positivamente á maioría social, á poboación galega e á española, que elevaremos a un venerable pedestal a tan lúcidos dirixentes ultradereitistas. Tocado da man de Deus o senador ourensán do Partido Popular, Miguel Pérez de Juan, defendeu na Comisión de Economía e Facenda do Senado unha moción para suprimir o Imposto de embarcacións de recreo, de iates.
Que ben! a primeira medida do PP quere suprimir impostos aos consumidores ricos! Chapeau!