Na defensa dos poderosos : violencia policial contra os traballadores galegos
Publicado en Galiza o 29/06/2009 20:15 por Xosé AntónEn días pasados produciuse unha desmesurada e brutal carga carga policial dos axentes antidisturbios contra os
traballadores do sector do metal en Vigo que rematou con varios feridos. Os manifestantes participaban nunha folga do sector do metal da provincia de Pontevedra. O representante da CIG condenou a intervención policial e sinalou que o recollido polos xornalistas servirán para “que se saiba quen son os agresores” e sinalou que os axentes quixeron “secuestrar” esas “probas” aos informadores .
En todo caso, acusou á Policía de “traballar para os poderosos” como “mecanismo de represión”, considerando que a actuación das forzas policiais foi unha “provocación” e que ”non hai precedente” no despregue policial que se está producindo con motivo do conflito do metal na cidade de Vigo, con “mil policías tantos días”, mais isto non elimina a necesidade de seguir negociando o convenio, o que non impide “que se salga á rúa”.
Agora e logo de 18 exitosas xornadas de folga, 2.600 traballadores do metal iniciaron unha marcha a pé até Compostela para reclamar á Xunta unha maior implicación na mediación.
Mentres que Feijóo, do mesmo xeito que a plataforma mediática que lle axudou a gañar as eleccións, acusa aos folguistas de producir malestar na cidadanía e nos sectores produtivos, o secretario xeral do sindicato CIG dá unha visión máis real nunha entrevista na que, entre outros asuntos , analiza en GZNación este conflito laboral, un dos máis candentes que hai en Galiza.
Coa actitude da actual Xunta resulta lóxico que o balanzo do Goberno de Núñez Feijóo resulte claramente decepcionante para a sociedade galega