EE.UU.: Asasinar ao propio presidente
Publicado en Mundo o 28/06/2009 18:16 por Xosé AntónEste vídeo tarda en cargar, manteno en pausa mentres descaraga. Dese xeito será máis doado visualizalo
No vídeo que hai na parte superior deste texto que publica Aporrea , poderán observar como o chofer da limousine que leva ao Presidente John F. Kennedy e á súa muller, o 22 de novembro de 1963 en Dallas Texas, dispara unha pistola, desde o seu asento, ao presidente estadounidense.
Ese día, John F. Kennedy recibiu varios disparos, pero o primeiro disparo recibiuno do chofer da limousine.
Este feito fué denunciado en varias oportunidades por Willian Cooper, ex membro do equipo de información da Intelixencia Naval de Estados Unidos, quen foi asasinado polo Departamento de Estado no ano 2001, por revelar diferentes segredos escuros da CIA, do Departamento de Estado, da NASA, de diferentes gobernantes, etc.
William Cooper detalla no seu libro ‘Behold a Pale Horse’, como o Presidente Kennedy foi asasinado. Cooper menciona no seu libro a existencia dun vídeo en particular, ao cal el tivo acceso debido ao seu traballo na Intelixencia Naval e que é o único vídeo que mostra como o chofer dispara contra o mandatario estadounidense.
Este é o vídeo do que tanto falou Cooper e foi ocultado á opinión pública polo Departamento de Estado e a CIA durante décadas. Asúmese desde aporrea que o vídeo foi «liberado» por esta escura axencia de intelixencia, da mesma forma que desclasifica documentos.
Ao observar o seguinte vídeo, poderás sacar as túas propias conclusións.