Armando Valladares: terrorismo, censura, parques temáticos, mentiras e favores políticos
Publicado en Mundo o 15/06/2009 17:24 por Xosé Antón![]() |
Un xornalismo idependente permítenos acceder a información moi interesante que nos axuda a entender certas situacións anómalas. Prégovos que vexades este vídeo e cliquedes tamén na ligazón do que aparece máis abaixo. Entenderedes a razón dos ataques mediáticos a países con gobernos de esquerdas e descubriredes conexións sobre o intento de magnicidio contra Evo Morales ou porque Hugo Chávez fala da necesidade de estar moi atento ás oposicións golpistas apoiadas polos medios oligárquicos e aos intentos de asasinatos.
Segundo a avogada e investigadora venezolana Eva Golinger, autora da Teleraña Imperial, a Human Rights Foundation foi creada por Thor Halvorssen Mendoza, no 2005, para atacar e desacreditar os gobernos de ideoloxía de esquerdas de Venezuela, Bolivia e Ecuador. Fillo dunha das familias máis ricas de Venezuela, Halvorssen traballou coa CIA no Salvador e Nicaragua. A Human Rights Foundation (Fundación de Dereitos Humanos) é unha organización neoiorquina coñecida polas súas actividades inxerencistas e os seus vínculos coa CIA, cuxo Secretario Xeral é o terrorista de orixe cubana Armando Valladares. Máis datos interesantes nos dous vídeos.
Accede a outro interesente vídeo que non deberías perder
