Agardemos que non se use o nome de Castelao en balde
Publicado en Galiza o 23/06/2009 02:33 por Xosé AntónFaltan cinco días para o 28 de xuño do 2.009 e xa se está a lembrar a chegada dos restos de Castelao a Galiza. Ese 28 de xuño de 1984, o que debería ser un acontecemento nacional rematou sendo un desastre por culpa dun goberno conservador que non permitiu participar ás institucións coas que colaborou Castelao en vida nin a todas as forzas políticas nacionais. Hai case dous anos explicaba nunha entrevista o dirixente do BNG, Francisco Rodríguez, a traída dos restos mortais de Castelao. Lembraba que houbo un conflito grave, porque os seus restos foron transportados nunhas condicións indignas, e expulsouse do parlamento varios deputados nacionalistas por protestar. Eses sucesos tiveron unha contestación moi forte, que levou a varias detencións e represión sobre certas persoas, entre as cales se atopaba el. Noutra entrevista, Avelino Pousa Antelo lembra que o goberno de Fraga usou o nome do histórico galeguista para darlle medallas á xente que tiña insultado en vida ao propio Castelao.
Agardemos que o fanatismo dos TUCSIM non lles sirva para usar tamén o nome de Castelao en balde.