En fotos: a campaña das europeas en Bergantiños

 

Queremos unha Europa que fale de nós, dos problemas do noso país, das galegas e galegos,Traballo entusiasta do BNG sen intermediarios? Pois semella que si, @s militantes e amig@s do BNG, co seu entusiasta traballo, queren que Galiza estea  representada en Bruxelas con voz propia para falar das persoas concretas, das nosas comarcas, dos lugares concretos, dos problemas do noso país.

O BNG, como explica nos mitins realizados na nosa comarca, avoga por defender os dereitos da clase  traballadora e dos pobos fronte aos partidos políticos que representan a elite oligárquica e alineados coa ala máis dura da igrexa, que minimiza os abusos sexuais a menores. O BNG defende unha  política europea  que aposte por un cambio de rumbo para reconducir a UE cara unha verdadeira Europa Social e dos Pobos que nos permita avanzar na procura dun desenvolvemento económico autocentrado e sustentábel.

Por una Galiza con voz propia Imos a Europa. Vés?

Vés ao próximo mitin en Bergantiños?   A Laracha, venres 5 de xuño

Fotos: a campaña das europeas en Bergantiños

 

Deixa unha resposta