Posted in Galiza on 06/29/2009 08:15 p.m. by Xosé Antón
En días pasados produciuse unha desmesurada e brutal carga carga policial dos axentes antidisturbios contra os
traballadores do sector do metal en Vigo que rematou con varios feridos. Os manifestantes participaban nunha folga do sector do metal da provincia de Pontevedra. O representante da CIG condenou a intervención policial e sinalou que o recollido polos xornalistas servirán para «que se saiba quen son os agresores» e sinalou que os axentes quixeron «secuestrar» esas «probas» aos informadores .
En todo caso, acusou á Policía de «traballar para os poderosos» como «mecanismo de represión», considerando que a actuación das forzas policiais foi unha «provocación» e que »non hai precedente» no despregue policial que se está producindo con motivo do conflito do metal na cidade de Vigo, con «mil policías tantos días», mais isto non elimina a necesidade de seguir negociando o convenio, o que non impide «que se salga á rúa».
Agora e logo de 18 exitosas xornadas de folga, 2.600 traballadores do metal iniciaron unha marcha a pé até Compostela para reclamar á Xunta unha maior implicación na mediación.
Mentres que Feijóo, do mesmo xeito que a plataforma mediática que lle axudou a gañar as eleccións, acusa aos folguistas de producir malestar na cidadanía e nos sectores produtivos, o secretario xeral do sindicato CIG dá unha visión máis real nunha entrevista na que, entre outros asuntos , analiza en GZNación este conflito laboral, un dos máis candentes que hai en Galiza.
Coa actitude da actual Xunta resulta lóxico que o balanzo do Goberno de Núñez Feijóo resulte claramente decepcionante para a sociedade galega
Posted in Mundo on 06/29/2009 06:20 p.m. by Xosé Antón
Seguimos informándonos sobre o golpe militar controlado pola oligarquía hondureña, apoiada polos EE.UU. que recibe fortes críticas dos gobernos progresistas suramericanos.
Non perdas a emocionante intervención do presidente constitucional hondureño, Manuel Zelaya, que foi recibido polos Presidentes Hugo Chávez, Daniel Ortega e Rafael Correa, no medio de persoas que gritaban «¡Uh, Ah, Zelaya no se va!». Mel participa nestes momentos nun cumio da Alianza Bolivariana para los Pueblos de nuestra América (Alba) que lle dá completo apoio. Enténdese que cando digo que para construir a revolución social hai que mirarse no espello dos gobernos progresistas de Suramérica?
James Petras: Militares golpistas hondureños non moverían un dedo sen consentimento de EE.UU.
A emisora de Los Ángeles Radio Pacífica KPFK 90.7 FM entrevistou onte,domingo 28 de xuño, ao intelectual estadounidense James Petras, quen sostén que o golpe de estado en Honduras está impulsado polo goberno de Obama, e que os militares hondurenos non moverian un dedo sen o consentimento de Estados Unidos. Read the rest of this entry »
Posted in Mundo on 06/29/2009 02:57 a.m. by Xosé Antón
Uns 200 militares encapuchados tomaron desde primeiras horas da mañá deste domingo a residencia do presidente
Manuel Zelaya , secuestrárono para expulsalo do país e levalo á forza a Costa Rica.
Tempo despois, como resposta ao golpe de estado, diversos integrantes de movementos sociais en Honduras aglutináronse nos arredores da Casa Presidencial dese país (da que foi sacado á forza o presidente Manuel Zelaya por parte de militares insurrectos) para esixir o regreso do xefe de Estado. A protesta social denuncia a perpetración dun golpe de estado, xa confirmado por moitos medios e organismos como a ONU, os países do ALBA, a OEA contra Zelaya. O ultradereitista presidente do congreso , co apoio dos militares golpistas, fíxose coa presidencia do país debido á «ausencia» forzada do presidente. Micheleti e os seus amigos golpistas, con esta hipocresía propia dos oligarcas inhabilitan a un presidente elixido democraticamente e devolven a Honduras á ditadura Read the rest of this entry »