Posted in Mundo on 06/28/2009 06:16 pm by Xosé Antón
Este vídeo tarda en cargar, manteno en pausa mentres descaraga. Dese xeito será máis doado visualizalo
No vídeo que hai na parte superior deste texto que publica Aporrea , poderán observar como o chofer da limousine que leva ao Presidente John F. Kennedy e á súa muller, o 22 de novembro de 1963 en Dallas Texas, dispara unha pistola, desde o seu asento, ao presidente estadounidense. Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 06/28/2009 11:28 am by Xosé Antón
Hoxe cúmprense os 25 anos da tan desexada chegada dos restos de Castelao, mais o xeito da repatriación da esencia propia da nosa nación foi moi polémico. Na retransmisións das imaxes do vídeo comentaba a periodista Tareixa Navaza un escrito, que sería publicado ao día seguinte, do poeta Uxío Novoneyra (será o homenaxeado das Letras Galegas do ano 2.010): Castelao, Nacionalista Galego. Os restos de Castelao están aí, poderán ser manipulados, como todo, polo poder. Mais Castelao solo veu realmente para os que queremos unha Galiza Ceive, para os que temos sólo unha patria: a Patria Galega, para os que nos sabemos e sentimos pertencentes a unha nación , á Nación Galega…
Os culpábeis do seu exilio querían facerlle unhas hipócritas honras das que non crían, eliminando aos partidos da nosa terra dos actos. Iso non impediu que milleiros de nacionalistas estiveran presentes, a pesar da maquinaria policial represora despregada. Cun Galiza ceive, poder popular! no bico aplaudían a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao na súa entrada no Panteón dos Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval. Anteriormente a policía de españa cargara contra os nacionalistas presentes que incansablemente berraban: a Castelao non se traizoa!