Preparan en Honduras un golpe de estado contra un presidente de esquerdas
Posted in Mundo on 06/26/2009 06:31 pm by Xosé Antón
Podes ver outros en radiomundial.com.ve
Os gobernos progresistas de Suramérica temen a materialización dun golpe de estado contra o presidente hondureño, Manuel Zelaya. O intento de golpe de estado ven despois dos diferentes esforzos de sectores oligárquicos para evitar que se realice nese país unha consulta non vinculante, este vindeiro domingo, ao redor dunha Asemblea Nacional Constituínte. É a oligarquía, toda esa alianza de forzas burguesas e retrógradas que están tratando de frear unha consulta popular. Téñenlle medo ao pobo.
O embaixador de Honduras ante a Organización Estados Americanos (OEA), Carlos Eslamiada, sostivo hoxe venres que o seu país necesita do rápido exercicio do sistema interamericano co obxectivo de garantir a institucionalidade democrática no país centroamericano. Durante a súa intervención na sesión extraordinaria da OEA para tratar o tema de Honduras, Eslamiada manifestou que “é o momento de que a nosa carta democrática non sexa obxecto de comentarios senón de exercicios prácticos”.
Os gobernos integrantes da Alianza Bolivariana de los Pueblos de nuestra América (Alba) sinalaron a través dun comunicado que se mobilizarán ante calquera intento da oligarquía de quebrantar a orde constitucional e democrático da República de Honduras. Read the rest of this entry »