Archive for Xuño 25th, 2009

O ALBA esperta a Suramérica

A Alternativa Bolivariana para los Pueblos de nuestra América (ALBA) pasará a chamarse Alianza en lugar dePresidentes do ALBA Alternativa por decisión  dos países integrantes, nun cumio extraordinario celebrado en Venezuela, segundo información publicada  pola axencia estatal cubana, Prensa Latina. ALBA  xurdiu como alternativa á promovida por Estados Unidos de América,  Área de Libre Comercio de las Américas (ALCA) .

O ALBA é unha iniciativa de integración para os países de América Latina e o Caribe, promovida por Venezuela, que busca a unión a través un mecanismo económico, político e social. Grazas a este mecanismo de cooperación – que ten como principios reitores a xustiza, a solidariedade, a cooperación, o respecto á soberanía e autodeterminación dos pobos con énfase no desenvolvemento humano e social, ademais do político e económico – este mundo do ALBA sostense na vontade común de avanzar no desenvolvemento equitativo dos pobos suramericanos e caribeños, desde o respecto a identidade, á súa cultura e esencia de pobo.

Co ALCA a pobreza e a miseria estendéronse por todo o hemisferio suramericano. O control hexemónico que durante décadas mantivera EE.UU. sobre países latinoamericanos, e as políticas neoliberais impostas por Washington mediante o Fondo Monetario Internacional (FMI), o Banco Mundial (BM) e o Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID) foron causas fundamentais do saqueo das riquezas da rexión en detrimento das maiorías sociais. Por iso os gobernos progresistas da área visualizaron a necesidade de integrarse para sacar aos seus países da deprimente situación social á que se chegou.

Read the rest of this entry »

 

A viñeta de GZnación por Gonzalo Viñas

Existen outros xeitos tamén acertados de expresar o rexeitamento ao xenocidio cultural A Viñeta de GZnación por Gonzalo Viñasque o realizado en GZnación por Gonzalo Viñas . O  creador dos máis que acertados debuxos debe ter moito humor, sarcasmo e moita imaxinación para enviar tan boas mensaxes a través do debuxo.

El expresa na ilustración unha clara mensaxe e por outra banda a dúas persoas que son caricaturas de si mesmos.  A cruzada contra o galego é así de clara desde que Feijóo, á cabeza do goberno da Xunta,  levantou a bandeira do odio contra a nosa lingua, contra a nosa cultura.

 Calquera persoa pode ver que o  PP está na máxima disposición de discriminar o galego. Pódense visualizar sen ningunha dificultade moitos exemplos, dalgúns deles xa se ten falado moito neste blogue. Onte mesmo consumouse o primeiro atentado lexislativo contra a lingua galega ao aprobar o PP, en solitario, a reforma da Lei da Función Pública pola que se elimina a proba de galego nos exames das oposicións á administración.