Archive for Xuño 23rd, 2009

Suárez Canal replícalle ao PP: «Cre o ladrón que todos son da súa condición»

Nesta noite de San Xoán imos acender as cachelas nas primeiras horas da noite, despois da cea, para facer fuxir os espíritos ruíns e para purificar á xente. Sería que por iso o BNG, quixo espantar con antelación suficiente noAs cachelas de San Xoán. Parlamento Galego os malos espíritos encarnados no goberno do PP e no grupo parlamentar popular. O malo da situación actual é que non chega co fume para espantalos nin co lume para queimar todo o pernicioso que leva pasado cos actuais dirixentes da Xunta, pois nestes catro anos que nos quedan de desgoberno aínda nos agardan cousas malas no noso país. A ver se coa axuda da cachela, enfeitar as casas, o baño da media noite e lavarnos con auga de flores nos curamos dos aires lurpios…Mais tamén @s brux@s  mal@s da ultradereita saben dos usos da auga das fontes para facer os meigallos ou botarlla ben fría polo lombo ao noso pobo. Un exemplo evidente diso é que o goberno do Partido Popular  consumou hoxe o primeiro atentado lexislativo contra a lingua galega ao aprobar, en solitario, a reforma da Lei da Función Pública pola que se elimina a proba de galego nos exames das oposicións á administración galega. E para cegar ao pobo crea cortinas de fume que ademais lle axudan a tapar irregularidades. Por iso o BNG a través do deputado e ex conselleiro de medio Rural, Alfredo Suárez Canal, acusou ao Partido Popular de tentar “inventar cortinas de fume” para tapar “as evidentes irregularidades do seu Conselleiro Agustín Hernández” Read the rest of this entry »

 

Agardemos que non se use o nome de Castelao en balde

Faltan cinco días para o 28 de xuño do 2.009 e xa se está a lembrar a chegada dos restos de Castelao a Galiza. Ese 28 de xuño  de 1984, o que debería ser un acontecemento nacional rematou sendo un desastre por culpa dun goberno conservador que non permitiu participar ás institucións coas que colaborou Castelao en vida nin a  todas as forzas políticas nacionais. Hai case dous anos  explicaba nunha entrevista  o dirixente do BNG, Francisco Rodríguez, a traída dos restos mortais de Castelao. Lembraba que houbo un conflito grave, porque os seus restos foron transportados nunhas condicións indignas, e expulsouse do parlamento varios deputados nacionalistas por protestar. Eses sucesos tiveron unha contestación moi forte, que levou a varias detencións e represión sobre certas persoas, entre as cales se atopaba el. Noutra entrevista,  Avelino Pousa Antelo lembra que o goberno de Fraga usou o nome do histórico galeguista para darlle  medallas  á xente que tiña insultado en vida ao propio Castelao. 

Agardemos que o fanatismo dos TUCSIM non  lles sirva para  usar  tamén o nome de Castelao en balde.