Archive for Xuño 15th, 2009

Armando Valladares: terrorismo, censura, parques temáticos, mentiras e favores políticos

cubainformacion.tv

Un xornalismo idependente permítenos acceder a información moi interesante que nos axuda a entender certas situacións anómalas. Prégovos que vexades este vídeo e cliquedes tamén na ligazón do  que aparece máis abaixo. Entenderedes a razón dos ataques mediáticos a países con gobernos de esquerdas e descubriredes conexións sobre o  intento de magnicidio contra Evo Morales ou porque  Hugo Chávez fala da necesidade de estar moi atento ás oposicións golpistas apoiadas polos medios oligárquicos  e aos  intentos de asasinatos.

Segundo a avogada e investigadora venezolana Eva Golinger, autora da Teleraña Imperial, a Human Rights Foundation foi creada por Thor Halvorssen Mendoza, no 2005, para atacar e desacreditar os gobernos de ideoloxía de esquerdas de Venezuela, Bolivia e Ecuador. Fillo dunha das familias máis ricas de Venezuela, Halvorssen traballou coa CIA no Salvador e Nicaragua. A Human Rights Foundation (Fundación de Dereitos Humanos)  é unha organización neoiorquina coñecida polas súas actividades inxerencistas e os seus vínculos coa CIA, cuxo Secretario Xeral é o terrorista de orixe cubana Armando Valladares.  Máis datos interesantes nos dous vídeos.

Accede a outro interesente vídeo que non deberías perder

 

O PP quere tapar as súas miserias con acusacións radicalmente falsas contra o BNG

 

 Este martes, o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, acusou no Parlamento Galego ao BNG de ter favorecidomanipulación dende o poder desde o Goberno da Xunta a unha empresa criada por militantes da nosa formación política.

As acusacións foron recollidas por diversos medios de comunicación e mesmo amplificadas, en algúns casos incluíndo falsidades flagrantes.

 As acusacións son radicalmente falsas e cómpre inserilas na campaña de intoxicación que o PP vén despregando nos últimos meses contra o nacionalismo galego, utilizando a mentira e a difamación co obxectivo de denigrar o BNG e inxuriar os seus dirixentes.

O PP quer tapar así as súas miserias e as súas corruptelas -estas si certas e declaradas, e velaí temos o traslado ao Supremo das dilixencias abertas polo caso Gürtel. Read the rest of this entry »