Archive for Xuño 14th, 2009

Os medios perseguidos e a persecución dos medios

cubainformacion.tv

Neste video de Cuba información sobre o foro medios alternativos e inmigración da Universidade de Euskadi, o periodista  colombiano Hollman Morris expón que “Contravía está feita para ser a memoria das outras Colombias, da Colombia indíxena, da Colombia afrocolombiana, desa Colombia que hoxe non sae na gran pantalla, nos grandes medios de comunicación. Hoxe hai un reto para contravía, converterse especialmente na voz das vítimas do conflito e do paramilitarismo en Colombia…”

 Hollman Morris é un xornalista que ao longo deste ano tivo problemas co goberno colombiano  do ultradereitista Álvaro Uribe . O goberno colombiano chegou a catalogalo de “publicista das Farc”. Afirma Holman Morris que “a  información non é un uso exclusivo dos xornalistas, pois os civís, o pobo debe pedir información de calidade. Hai que xerar máis debate, o panorama informativo debe ser máis plural, o que lle falta á poboación para que empecemos a xerar polémica e a esixir a solución ao sinnúmero de conflitos que existen en Colombia”

Contravía é o programa xornalístico independente que un país como Colombia necesita. Descobre as noticias dos que non saen nos noticieros comerciais. Recolle os testemuños das vítimas do conflito armado en Colombia, independente de que filiación política sexa. Un xornalismo independente que tampouco na Galiza ou no estado español os  medios,  galegos ou españois, de comunicación de maior difusión   realizan. Non falemos xa da chamada  plataforma mediática do PP…e do  peche ou secuestro dalgún  xornal ou revista por orde xudicial.

 

A política discriminatoria do PP na Galiza: do conflito ao exterminio

Remata un artigo de opinión de Francisco Rodríguez no xornal de Galicia afirmando que “…A política lingüística dacontra a discriminación Xunta do PP terá consecuencias educativas, sociais e políticas moi negativas para o pobo galego,  se non somos quen de deslexitimala, dificultala e finalmente impedila. Estes días temos que dar a batalla, con todos os medios ao noso alcance, para nas respostas ás devanditas enquisas se manifestar unha importante opinión de rexeitamento dos seus métodos e da lexitimidade que pretenden conseguir con eles. O rexeitamento das súas  reais intencións de exterminio do galego, de inoculación de odio e desprezo por nós mesmos. A pasividade, a inacción, mesmo en nome dunha descualificación hipercrítica, non é o mellor camiño. O mellor é  unha oposición social activa, organizada. Esta oposición debe aproveitar a ocasión para expresarse. Somos moitos galegos e galegas os dispostos a non calar,  moitos máis que, cando a comezos da democracia, tivemos que combater aquel  Decreto de bilingüismo, de intención tamén tan paralizante e destrutiva.”

Non cabe dúbida de que acerta totalmente na súa exposición Francisco Rodríguez, mais tampouco faría falla ter os seus coñecementos para decatarse un que non se vivían situacións semellantes na educación desde a época do franquismo. Read the rest of this entry »