Archive for Xuño 9th, 2009

A consulta trampa e a cultura que limita

Coincidimos moitos galegos e galegas co Portavoz Municipal do BNG, Guillerme Vázquez, candoeu quero o galego afirma que a consulta sobre o idioma no ensino é unha consulta trampa inaceptábel, tanto na forma como no fondo e o único que pretende é xustificar unha política plantexada de antemán polo PP. Só pretenden seguir dando pasos atrás na política contraria á normalización lingüística. É un auténtico disparate.

A cruzada contra o galego é así de clara desde que Feijóo levantou a bandeira do odio contra a nosa lingua. Calquera persoa pode ver que o  PP está na máxima disposición de discriminar o galego, pódense visualizar sen ningunha dificultade varios exemplos. Un deles pode ser o do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, cando denigra a Cultura Galega ao reafirmar de xeito indigno no Parlamento Galego as súas palabras “ a cultura galega está ben, pero limita«. Ou a eliminación da música galega  dos programas musicais da Radio Galega. Read the rest of this entry »