Hugo Chávez sálvase doutro intento de asasinato
Posted in Mundo on 06/08/2009 02:45 pm by Xosé AntónNeste video, o presidente Venezolano fala de que o atentado foi planificado pola xente de Luís Posada Carriles e a CIA
Ao non funcionar como se pensaba o plan Jaque al Rey (plan conspirativo que sistematicamente veñen desenvolvendo sectores da oposición golpista en Venezuela e cuxo obxectivo é o debilitamento paulatino do proceso Revolucionario Bolivariano) pensouse en derrubar o avión IL 96 no que viaxaría ao Salvador. Con tempo poderemos explicar o significado real dese primeiro plan que xa contempla unha segunda parte, pois o xaque non conseguiu evolucionar a mate.
Hai uns días, o mandatario venezolano revelou que suspendeu a visita ao Salvador para a cerimonia oficial da toma de posesión do presidente Mauricio Funes, ao confirmarse versións dun plan para derrubar con foguetes o avión en que viaxaría (cedido pola compañía Cubana de Aviación, xa que o do goberno Bolivariano está a reparar).
A acción, de acordo coas revelacións aparecidas en medios alternativos venezolanos, foi preparada por golpistas venezolanos (entre eles, un oficial retirado implicado no golpe de estado do 2.002 e que residía no estado español) , servizos de intelixencia estadounidenses e “a xente de Luís Posada Carriles”, un terrorista cuxa extradición solicita Venezuela.
Quen é Posada Carriles?
Este criminal, de orixe cubana, é reclamado pola xustiza venezolana pola súa responsabilidade na Read the rest of this entry »
