Un anxo exterminador do galego nun goberno tardofranquista
Publicado en Galiza o 14/05/2009 20:29 por Xosé AntónApunta o xornal “El país” que o sociolingüista Anxo Lorenzo ( relacionado a sectores do PSd
eG) será o encargado da política lingüística no Goberno de Alberto Núñez Feijóo. O PPdG xa encontrou o seu exterminador ideal do idioma galego. Non é de Galicia Bilingüe e pode dar unha imaxe pública de moderado. Excelente anxo exterminador.
Coincidimos moitos que primeiro paso que dará o PP será derrogar o decreto do galego no ensino, impoñendo o castelán en forma de “consenso”:
temos a maioría absoluta, polo tanto podemos matar o galego, afogalo ou marxinalo, eliminando as probas obrigatorias de galego para o acceso ao funcionariado ou lexitimar un cambio da Lei de Normalización Lingüística que permita oficializar a forma castelá do topónimo das cidades galegas. Estamos, dese xeito, dispostos a consensuar a forma de exterminio.
Como dixo Bieito Lobeira, o obxectivo último do PP é aniquilar a lingua galega non noso país e acabar cos sinais de identidade do pobo galego. Falou moi claro Lobeira cando subliñaba que «nunca un goberno da Xunta chegara a tal extremo de tentar volver a unha toponimia que impuxo o franquismo e instaurar nomes como Sanjenjo ou Cillero».
É difícil de entender que calquera especialista minimamente comprometido co galego acepte o cargo de Secretario Xeral de Política Lingüística nun goberno ultraconservador saturado de dirixentes tardofranquistas e que pretenden levar a nosa cultura á absoluta marxinalidade. Como apuntan dende A Mesa, «A partir de hoxe o posto de verdugo xa non está vacante, mais o caso é que se trata dun posto de verdugo. Pode ser máis guapo ou máis feo, ter máis currículo ou menos currículo, máis ou menos capacidade para embaucar, mais é un posto de verdugo para o galego».
Como dixemos moitas persoas moitas veces, non podemos permitirnos enterrar o galego nin outro retroceso letal para a lingua que nos une como galegas e galegos. O 17 de maio todo@s a Compostela!
05/14/2009 at 23:40
Poderías dicir que en Galicia Bilingüe tamén andan doentes co nomeamento..
http://www.galiciabilingue.es/index.php?option=com_content&task=view&id=388&Itemid=1
Ai, non, perdoa, que igual se escaralla o teu argumento. Porque ían andar doentes se hai «un anxo exterminador do galego nun goberno tardofranquista»?
05/15/2009 at 00:50
Non é tan limitado Pailaroco nin se escaralla o argumento, hai moitos xeitos de matar unha cultura, e a velocidade deseñada polos Feijóo e compañía debe ser moderada para non crear máis tensión social, mais a meta está perfectamente marcada. O obxectivo queren cumprilo, non instantáneo, media hora máis tarde. Xa sabes que se a unha rá a pos nunha pota con auga, sen tello e de xeito súbito incrementas a temperatura, ela saltaría da pota dun chimpo. Se o incremento é paulatino, aumentado pouco a pouco a temperatura, terminaríase cocendo ao non reaccionar o seu nivel de alerta. Socialmente ás persoas pásanos o mesmo, o noso sistema de alerta só está preparado para os cambios bruscos. Está claro, non cres?
05/15/2009 at 16:07
Igual habería que deixar traballar a Anxo Lorenzo. Eso sí, con toda a crítica que sexa necesaria cando coñezamos as súas propostas. Mais, chamar a alguén como Anxo -que é un currante da lingua galega- «anxo exterminador do galego» xa desde o principio, non é criticar que é insultar.
05/15/2009 at 18:19
Semella, ao meu entender, que tes un erro de concepto. Repasa o artigo e os comentarios.
unha aperta
05/15/2009 at 22:33
eu non vexo o erro de concepto, pailaroco ten boa razón, estás insultando a un tipo que traballou moito pola lingua galega. Iso ata agora non llo quita ninguén. E xusto por iso creo que se merece un respeito, a súa forma de levar a secretaría xeral darán razóns ou non para criticalo.
E eu polo que leo no teu blog son tan crítico con Feijoo coma ti.