Sea educado, imponga el castellano.
Publicado en Galiza o 28/05/2009 18:48 por Xosé Antón
Gazas á reforma que vai facer Núñez Feijóo da Lei de Función Pública, @s futur@s funcionari@s
poderán examinarse exclusivamente en castelán. Dese xeito, os opositores que opten a unha praza pública dependente da Xunta de Galiza xa non terán a obrigatoriedade de facer ningunha proba en galego. A chamada cortesía lingüística dos TUCSIM baseada na falsa “liberdade de elección” e defensora da “promoción do galego” permitirá que ningunha administrada ou administrado poda ter, na realidade, o dereito a ser atendido en galego. Feijóo pasa das críticas que a Mesa e as organizacións sindicais lanzaron contra esta medida discriminatoria do idioma galego no noso propio país pois, como explica o xefe dos TUCSIM, hai que asumir os resultados das eleccións. Xa se sabe, ou aprendemos a votar en clave galega ou pasa o que está a pasar. E aínda faltan uns longos catro anos para poder cambiar o actual goberno TUCSIM da Xunta. Máis datos aqui ou aquí