Se non está o BNG en Europa, quen vai defender alí o noso país?

 

A candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, subliñou hoxe que «aana-miranda-e-iolanda-veloso presenza de eurodeputados do BNG no Parlamento Europeo é a única garantía de que os intereses galegos sexan escoitados e defendidos en Bruxelas».

Miranda realizou estas declaracións esta durante un encontro con estudantes no campus universitario de Vigo, no que tamén participou a edil do BNG e tamén candidata ao Parlamento Europeo, Iolanda Veloso.

A candidata nacionalista asegurou que o modelo de Unión Europea que defende o BNG «é o dunha Europa máis democrática e social, máis solidaria cos países pobres, e na que os intereses de Galiza sexan defendidos».bng-a-europa1

 Nestes cinco últimos anos asistimos á procesión dos caladiños en Bruxelas pois Galiza estivo completamente ausente”. Por iso, a candidata nacionalista, subliñou que “só a través do BNG os intereses de Galiza serán escoitados e defendidos en Bruxelas”.

 

Deixa unha resposta