Quen está implicado no intento de asasinato do presidente de Bolivia, Evo Morales?

Publicábase en días pasados nos medios de información masiva  o intento de atentado contra o presidente de Bolivia, Evo Morales, mais ao explicar moi pouco do acontecido enchían  de desinformación aos  lectores deses medios. evo-morales

Non sei se quedou claro que un comando de mercenarios, instigados por grupos de extrema dereita da rexión de Santa Cruz, bastión da oposición conservadora boliviana, participara nun complot destinado a asasinar a Morales (un dos dirixentes sudamericanos bolivarianos posicionado claramente na esquerda política anti-imperialista).

Os servizos de seguridade bolivianos detectan o plan e tres mercenarios morren nun tiroteo coa policía nun hotel de Santa Cruz. Os outros integrantes do comando, Elod Toasó (húngaro) e Mario Tadic (boliviano-croata), foron capturados vivos e permanecen nun cárcere da Paz, mentres se desenvolven as investigacións xudiciais. O fiscal alertou ás autoridades que están prófugos “dous cidadáns estranxeiros máis que estarían involucrados neste feito”.

Tempo despois, a Fiscalía de Bolivia mostrou un vídeo gravado por unha testemuña onde o suposto mercenario boliviano-croata-húngaro, Eduardo Rózsa Flores, e os seus cómplices discorren un plan para asasinar ao presidente Evo Morales. Entenden que o máis efectivo sería facer voar o barco ou bote onde eles (Morales e funcionarios de goberno) estaban reunidos o pasado 3 de abril. Un material a utilizar podería ser o anfo, o elemento químico nitrato de amonio, que lle dá máis poder a unha explosión.

Nesa data Morales reuniuse co seu gabinete no lago a bordo dun catamarán e expediu tres decretos de beneficio para sectores pobres do país.

 A Fiscalía boliviana, que segue investigando intensamente o entramado oligárquico que colaborou ou participou no intento de asasinato, identificou o xoves pasado a Hugo Achá Melgar como principal investidor da célula terrorista desarticulada o pasado 16 de abril en Santa Cruz, organización que, entre outros delitos, preparaba o magnicidio contra o presidente Evo Morales. Ademais de Achá Melgar, estaba Alejandro Melgar como integrante e financiador dos plans terroristas.

 Achá Melgar, falou desde Estados Unidos a un medio televisivo da Paz, no que negou as denuncias que se lle imputan pero recoñeceu a súa reunión co xefe da banda asasina, o húngaro-boliviano Eduardo Rózsa Flores, en “catro ou cinco” ocasións.

Hugo Achá Melgar era descrito por outros medios de comunicación como o representante en Bolivia da ONG estadounidense Fundación Human Rights (FHR).

 A FHR é unha organización neoiorquina coñecida polas súas actividades de inxerencia e os seus vínculos coa CIA (Central de Intelixencia Norteamericana), cuxo Secretario Xeral é o terrorista americano de orixe cubana Armando Valladares, desenmascarado como suposto poeta disidente polo goberno da Illa e coñecido polas súas relacións coa CIA.

Pola súa banda, a escritora norteamericana radicada en Venezuela, Eva Golinger, explicou os plans subversivos de Wáshington en Bolivia amparados na Axencia para a Cooperación Internacional (USAID, polas súas siglas en inglés).

As autoridades bolivianas e a avogada estadounidense Golinger confirmaron este domingo pasado os vínculos da Fundación Human Rights (Human Rights Foundation) cos grupos terroristas neutralizados a mediados de abril en Santa Cruz.

En declaracións á estatal Radio Patria Nova, transmitidas por Prensa Latina, o viceministro de coordinación cos movementos sociais, Sacha Llorenti, dixo que un dos detidos no operativo policial, Juan Carlos Gueder, sinalou a Hugo Achá Melgar, presidente en Bolivia desa agrupación de dereitos humanos, como o financeiro das actividades subversivas.

O presidente Evo Morales na conmemoración central do 1 de Maio, advertiu que de comprobarse estes vínculos, os estranxeiros integrantes da ONG estadounidense deberán abandonar o país e os bolivianos irán ao cárcere.

O avogado boliviano Alejandro Melgar Pereira, quen segundo a xustiza dese país estaría implicado nun intento de complot contra o presidente, ingresou ao Uruguai o pasado 19 de abril, presuntamente para participar nun torneo internacional de tiro deportivo en representación do seu país. Desde entón, non hai rexistro de saída. O avogado está acusado en Bolivia de ser un dos financiadores  do comando terrorista que urdía o asasinato do presidente.

o ministerio público sinalou que a banda desarticulada a mediados de abril, pretendía atentar contra a vida dos prefectos opositores de Santa Cruz, Rubén Costas; e de Beni, Ernesto Suárez, para convertelos en mártires da Oligarquía.

O vicepresidente de Bolivia, Álvaro García, afirmou este sábado que a vida do xefe de Estado segue en perigo porque os que financian grupos terroristas aínda están libres, prófugos da xustiza, informou Prensa Latina. A xuízo de García, hai outros extremistas en liberdade e iso debe preocupar, por iso é polo que se reforzou a seguridade do primeiro mandatario.

 

“Este é un momento moi perigoso, para a vida do presidente  e para os que o acompañamos”, salientou.

Nese sentido, pediu aos movementos sociais que se organicen para darlle seguridade cando Evo Morales  visite distintas comunidades.

Así mesmo, advertiu que as investigacións que realizan a policía e a fiscalía, logo da desarticulación do grupo irregular o pasado 16 de abril, continuarán ata dar cos culpables.

 

 

Chegados aquí, debemos recordarnos que no seu libro Telaraña Imperial, Golinger describe que a Human Rights Foundation foi creada por Thor Halvorssen Mendoza, en 2005, para atacar e desacreditar os gobernos de Venezuela, Bolivia e Ecuador.

Fillo dunha das familias máis ricas de Venezuela, Halvorssen traballou coa CIA no Salvador e Nicaragua, agregou. Halvorssen, a través da súa empresa de produción de cine Moving Picture Institute, produce documentais co fin de desacreditar a figuras da esquerda estadounidense como Michael Moore e a líderes políticos do partido Demócrata.

O Vicepresidente da Human Rights Foundation é Aleksander Boyd, un militante anti-chavista de orixe venezolana radicado en Inglaterra, quen en 2004 escribiu un artigo no cal dixo soñar con ser Genghis Khan e poder ordenar aos seus hordas capturar a líderes chavistas e verter prata liquida nos seus ollos, decapitar a Lina Ron e a Diosdado Cabelo nunha praza pública, torturar polo resto da súa vida ao entón vicepresicente José Vicente Rangel e voar polos barrios de Caracas e lanzar os corpos sen vida de “eses criminais que destruíron o meu país.”

Boyd  ten feito chamados a utilizar a violencia para remover ao Presidente Hugo Chávez e foi acusado polo ex-alcalde de Londres de ser un promotor do terrorismo.

.

 

Deixa unha resposta