Pola dignidade d@s galeg@s paremos a etnocida marxinación do galego na Galiza
Publicado en A Costa da Morte o 03/05/2009 23:46 por Xosé AntónCoas políticas que o Partido Popular está aplicando, con Feijóo á cabeza, demostra buscar a desaparición do idioma propio das galegas e galegos. Por iso, como membros da sociedade galega, temos que mobilizarnos contra a imposición lingüística do rancio españolismo. Non podemos permitir que os actuais dirixentes tardofranquistas da Xunta confinen a nosa cultura á absoluta marxinalidade, do mesmo xeito que non podemos permitirnos enterrar o galego nin outro retroceso letal para a lingua que nos une como galegas e galegos.
Que o dereito a expresarnos na nosa propia lingua no noso país, teña que ser reclamado, como se dunha especie protexida en extinción se tratase, amosa de xeito ben evidente a delicada situación na que se atopa o noso idioma.
Mais tamén anima a vitalidade de significados sectores da nosa sociedade na defensa do galego como é a Mesa Pola Normalización Lingüística, que este domingo, 3 de maio, repartiu en Paiosaco ( A Laracha), en colaboración coas asociacións Quinta Feira, A Cutareira e Campo da Feira, a información relativa á manifestación nacional do vindeiro 17 de maio cuxo lema será “O galego, a nosa columna vertebral. O idioma que nos une!” e que comezará ás doce do mediodía na Alameda compostelá.
Podes acceder aquí á galería de fotos do reparto