Archive for Maio, 2009

A forza que Galiza necesita aínda que á oligarquía e á igrexa non lle guste

Curioso formato de entrevista ao Portavoz Nacional do BNG en GZNación  na que Guillerme Vázquez guillerme-vazquezafirma que o BNG segue sendo unha forza útil para este país. “Unha forza que ten a cabeza e o corazón posto nos intereses do noso país; unha forza na que queremos dar resposta ás necesidades dos cidadáns. Somos a forza necesaria para que o país camiñe nun sentido mellor do que o fixo até o de agora. Dito isto, volvemos ao mesmo. Nós transmitiremos ese convencemento, e ao final os cidadáns serán os que nos xulguen, pero imos intentar acertar para que sexa compresíbel pola maioría social. Aspiramos naturalmente a ser maioría social, sabendo o que somos: a terceira forza política a nivel do Parlamento galego. Pero seguiremos insistindo en que somos necesarios e esperemos que a xente o entenda así.”

Por certo, na web do BNG, o Portavoz Nacional subliña que a praza da Quintana é do POBO GALEGO e non da igrexa, mais como aproveitan os bispos a chegada dos TUCSIM ao goberno!

 

 

 

Máis datos sobre a xeración TUCSIM no Goberno da Xunta

Rogelio Martínez: Vaia exemplo de superdelegados ten o PP.rogelio-martinez-o-superdelegado ourensán

 Onde está o compromiso de Núñez Feijóo sobre a rexeneración democrática na Xunta ao manter a este político no seu posto?

O deputado do BNG, Alfredo Suárez Canal tamén apelou á desaparición dos superdelegados, aos que chamou «caciques de deseño» e «comisarios políticos», que están a causar moitos prexuízos á cidadanía».

Rogelio Martínez (exemplo de xeración TUCSIM) acusado de presunto fraude, estafa, malversación de fondos públicos e falsidade documental, presentouse no xulgado de instrución número 1 de Ribadavia despois de coñecerse a sentenza que ditou a Audiencia Nacional española. Nese auto obrígase ao delegado da Xunta e aos responsábeis de acreditar as obras do grupo de acción local Ceivam, a devolver ao Estado máis de 50 mil euros que presuntamente defraudaron dos fondos comunitarios, ao certificaren obras que  non chegaron a realizarse.

A candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, denunciou que  Rogelio Martínez é un exemplo de como o PP dilapidou os miles de millóns de euros que chegaron a Galiza, sen aproveitalos para crear riqueza no país e esixiu hoxe  ao presidente da Xunta de Galiza “a destitución inmediata do superdelegado da Xunta en Ourense”.

 

 

 

Imos a Europa, vés?

Anuncio electoral do BNG das Eleccións ao Parlamento Europeo  do BNG

 

 

A Xeración TUCSIM no goberno da Xunta de Galiza

No estado español tense falado moito da xeración JASP como máis preparada da historia dese pais.xeracion-tucsim Na Galiza sería a xeración NASP -Novos Aínda que Sobradamente Preparados- pois  tiñan estudos universitarios e sabían idiomas, aínda que as distintas circunstancias impedíanlles chegar onde pensaban (traballo, vivenda propia,  estabilidade…) tendo en conta a súa formación. Decatáronse de que o futuro non estaba, nesas circunstancias, onde crían.

 Por iso a anterior administración galega consideraba necesario encontrar unha solución que lles permitise acadar unha verdadeira integración social. As políticas do anterior goberno Bipartito na Xunta de Galiza buscaban unha resposta a unha das máximas preocupacións dos cidadáns, entre elas o da xeración NASP: o acceso a un posto de traballo e a unha vivenda digna a prezos razoables, menores aos do mercado. Agardábase construír  45.000 novas vivendas protexidas até o 2.017. Esta política da consellaría de Vivenda formaba parte dunha política integral de cambio e innovadora das consellarías nacionalistas que colocaba a Galiza á vangarda do Estado para producir no noso país un desenvolvemento socioeconómico sustentábel. Nesta política transversal (da que se ten falado moito, e atacado duramente pola plataforma oligarquica-mediática do PP) destacaban as consellarías de Innovación e Industria, Medio Rural, Cultura e Vicepresidencia do anterior goberno da Xunta. Tratábase de acadar un obxectivo xusto que contemplase, entre outros, a creación de emprego estable, servizos sociais de calidade e un incremento da autoestima das galegas e galegos.

O apoio da famosa plataforma mediática, participando na campaña máis suxa da historia da democracia contra o nacionalismo, levou ao PP ao goberno da Xunta que, cunha política contraria aos intereses das maiorías sociais, apagou o Sol.

Dese xeito, chegou unha xeración de políticos grises a San Caetano que truncou a etapa bipartita (liderada polas políticas transformadoras do BNG) máis prometedora e con capacidade de construír a Galiza do futuro. Esa xeración de políticos do PP (sen proxecto de país) constitúen unha verdadeira brigada de demolición de políticas progresistas. A esa xeración de políticos demagogos no actual (des)goberno da Xunta chámolles  xeración TUCSIM: Trapalleiros, Ultra Conservadores, Sin Ideas, sen  proxectos de goberno para o noso país e Mintireiros. Read the rest of this entry »

 

Aymerich e Jorquera en Carballo: co BNG en Bruxelas os intereses e os problemas de Galiza estarán presentes no Parlamento Europeo.

Francisco Jorquera e Carlos Aymerich, portavoces do BNG e Secretarios de acción institucional noFrancisco Jorquera-e-Xosé Regueira conversando cunha veciña de Carballo Congreso dos Deputados e no Parlamento de Galiza, respectivamente, explicaron que a eurodeputada do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, será unha verdadeira defensora dos intereses da nación galega, como o sector naval, o lácteo ou a política pesqueira, uns intereses que para os partidos estatais están totalmente ausentes.

Os dous portavoces puntualizaron en Carballo que o BNG non vai só a Bruxelas, porque os nacionalistas imos ser os portavoces de todo o Pobo Galego no Parlamento Europeo.

aymerich-en-carballoLembraron que Ana Miranda comprometeuse a ser a partir do 7 de xuño a representación diplomática da nación galega en Bruxelas, de todos aqueles que pensan en Galiza como nación e que desexan unha Europa máis democrática e máis social.

Galiza xógase moito nestas eleccións porque en Bruxelas adóptanse moitas decisións que nos afectan de xeito crucial. Por iso –salientaron- temos que estar presentes en Europa a través do BNG para defender con voz propia os nosos intereses.

BNG-a-europa