Bergantiños: o BNG quere defender os intereses de Galiza en Europa, vés?

O BNG  iniciou a campaña das eleccións en Bergantiños facendo hoxe a primeirpegada de cartaces Imos a Europa, ves? na capital de Bergantiñosa e tradicional pegada nocturna (12:01 horas) na capital da comarca. Alí estaba o alcalde nacionalista de Carballo, Evencio Ferrero, o Responsábel Comarcal do Bloque Nacionalista Galego, Xosé Regueira, o deputado provincial Xoán M. Sande, a ex-delegada de Cultura Miragres Lantes e un nutrido grupo de cargos institucionais e militantes da formación nacionalista .

Sen dúbida, Galiza xógase moito nestas eleccións, porque en Bruxelas  adóptanse moitas decisións que lle afectan de xeito crucial. Por iso temos que estar presentes en Europa a través do BNG, para defender con voz propia os intereses de Galiza. O noso país, como dixo a candidata Ana Miranda,  permaneceu completamente ausente estes últimos cinco anos na Cámara Europea, xa que asistimos á procesión dos “caladiños” dos representantes do PP e do PSOE. 

Imos a Europa, vés? 

A presenza de eurodeputados do BNG no Parlamento Europeo é a única garantía de que os intereses das galegas e galegos sexan escoitados e defendidos en Bruxelas. Os nacionalistas galegos devolveranlle a voz a Galiza en Europa

 

Deixa unha resposta