Manifestación da CIG nA Coruña cunha participación de 3.500 persoas
Publicado en Galiza o 01/05/2009 20:34 por Xosé Antón
Galería de fotos da manifestación do primeiro de maio na Coruña.
20.000 traballadoras e traballadores mobilízanse na Galiza «Polo Emprego, Dereitos e Prestacións Sociais».
Publica a CIG na sua web que se sumaron máis de 20.000 traballadoras e traballadores baixo o lema “Polo Emprego, Dereitos e Prestacións Sociais” nas manifestacións convocadas nas sete cidades de Galiza, na Mariña e Ribeira. As reivindicacións do sindicalismo galego a prol dun modelo económico e social máis xusto e solidario enfrontanse á continuidade da aposta polo modelo neoliberal do goberno e a patronal. A manifestación máis numerosa foi a celebrada en Vigo, onde participaron preto de 12.000 persoas. Alí, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, referiuse á que no 2008 a central apuntaba a dúas posíbeis vías de saída da crise: profundar no modelo neoliberal ou levar adiante reformas estruturais que abrisen camiño a un novo modelo económico e social. “A estas alturas xa temos constatado que o capital ten apostado pola primeira vía. Non se tomaron decisións que fagan pensar nun cambio de modelo económico e produtivo. A propia patronal lanza mensaxes pedindo abaratar o despedimento, novas formas de contratos temporais, conxelar os salarios ou reducir os impostos ás grandes fortunas. Medidas todas que profundizan no modelo neoliberal, para nós fracasado”, afirmou Seixo.
A Coruña reclama medidas urxentes para a comarca
A manifestación da CIG na cidade de A Coruña que, cunha participación dunhas 3.500 persoas, partiu ás 12:00 horas da Praza de Vigo e tras percorrer as rúas da cidade rematou no Obelisco. Alí, o secretario comarcal da CIG de A Coruña, Paulo Carril, criticou duramente as medidas propostas pola patronal para saír da crise, unhas receitas, afirmou, que “teñen causado o empobrecemento da clase obreira e o recortes dos dereitos de todos os traballadores e traballadoras”.
O 1 de maio noutros países
Rusia: máis de dous millóns de persoas participaron hoxe en manifestacións, mitins e piquetes organizados en Rusia con motivo do 1 de Maio, Día do Traballo
en 1.057 poboacións e cidades do país.
Venezuela: en Caracas ás 12:00 do mediodía deste venres, arrincou a marcha das traballadoras e os traballadores venezolanos, cunha masiva asistencia do sector laboral, proveniente de todos os estados do país.
Un dos puntos da ruta deste percorrido, é a praza Catia, desde onde os asistentes partiron rumbo ao Palacio Miraflores, para atoparse cos dirixentes do sector laboral e funcionarios do Goberno Nacional, quen se dirixirán á concentración con motivo da celebración do Día Internacional do Traballador.
Música, alegría e moito sol conxúganse este venres primeiro de maio para darlle a benvida e especial saúdo ás traballadoras e traballadores revolucionarios, que marchan neste importante data.
Cuba: Miles de cubanos madrugaron hoxe máis do habitual para participar na celebración do Día Internacional dos Traballadores na emblemática Praza da Revolución da Habana. Habaneiros de todas as idades diríxense ata ese histórico lugar, escenario de grandes reafirmacións de principios revolucionarios durante medio século.
Moitas persoas, ataviadas con pezas de vestir das cores do estandarte cubano -vermello, azul e branco-, portaban bandeiras, pancartas, distintivos de centros laborais e imaxes de líderes nacionais e foráneos.
Bolivia: O presidente, Evo Morales, púxose á cabeza de miles de traballador@s bolivianos que o venres lanzaban consigas contra o terrorismo imperialista en Bolivia e marchaban polas rúas do centro da Paz en conmemoración polo Día do Traballo.
O gobernante de esquerdas, que promulgará unha triada de decretos a favor da clase traballadora boliviana, sumouse en silencio á multitudinaria manifestación á altura da céntrica Praza Venezuela flanqueado polo ministro David Choquehuanca e o portavoz presidencial Iván Canelas.
No medio de consignas contra un niño terrorista estranxeiro detectado e desbaratado na cidade de Santa Cruz que hai dúas semanas o tentou asasinar, Evo Morales púxose a camiñar en primeira fila, tamén xunto aos líderes da Central Obreira Boliviana (COB), Pedro Montes, e o activista Consello Nacional polo Cambio (Conalcam), Fidel Asuco.