Lémbrate Patxi López, quen pacta con traidores convértese en traidor

 

Dicíanche que é difícil acertar Patxi López , pero cando teñas que tomar decisións pon nun lado dalehendakaritza balanza o máis importante: a dignidade; na parte contraria  pos o desexo avaricioso do poder e o interese dun  partido desnortado  e saberás se a decisión é  correcta ou non.

Iluminado López, es o primeiro lehendakari socialista da historia, grazas aos 39 votos do teu partido, do Partido Popular  e UPyD de Rosa Díez, vaia amigos te gastas!

O resultado da alianza do teu PSOE e do PP constitúe un acordo indecoroso  e inestable que permite o cambio dunha visión nacionalista de peso en Ajurianea, na lehendekaritza ao xiro españolista casposo,  rancio. Un cambio considerábel, sen dúbida.  A sinatura do acordo entre o PP e o PSE, deixou claro o que queren desfacer, a visualización do cambio cara atrás quérena proxectar naqueles ámbitos nos que Euskadi foi construíndo unha identidade social e cultural propia engadida a un desenvolvemento socioeconómico sustentábel.

Trátase dun pacto similar á das cruzadas para destruír, que manifesta con claridade o triunfo das teses máis reaccionarias do xiro españolista que lidera o PP,  sustentando das cordas do monicreque ao PSOE. As decisións futuras en Euskadi van estar condicionadas e supeditadas á estratexia das executivas madrileñas do Partido Popular e do Partido Socialista. A política española de “ Te sacas tu que me pongo yo” vai marcar o devir da política vasca no inmediato e limitado futuro.

Ibarretxe, na quenda de réplica do debate de investidura no Parlamento Vasco, que hoxe elixiu como o seu sucesor aoa-etica-como-xeito-de-vida1 portavoz socialista, Patxi López, concluíu a súa última intervención despedíndose e agradecendo o apoio recibido.

Ao final da súa intervención  anunciou que quería despedirse porque, dixo, «vou iniciar unha nova etapa na miña vida».

Engadiu que cre que non lle vai a resultar «difícil», porque «non se me esqueceu nunca que aos lehendakaris dános o mesmo sol e cáenos a mesma choiva que ao resto de homes e mulleres do país».

Antes de pechar a súa intervención na tribuna de oradores cun «agur» (adeus), o candidato á reelección lembrou que «no Parlamento empecei a facer política e é onde vou deixar de facer política».

Lembrou aos seus compañeiros do  tripartito PNV-EA-EB que lle apoiou e que «até o último momento liderou a este pobo» e mostrouse «orgulloso» co labor que desenvolveu, con «unha achega favorable e positiva».

O lehendakari en funcións agradeceu o traballo aos seus conselleiros, a quen lles dixo que foi unha «honra» traballar con eles, e animou ao seu partido, ao PNV, a que non esqueza que a sociedade vasca deulle «o liderado político» nas últimas eleccións vascas.

Ao rematar, foi despedido cun forte aplauso polas parlamentarias e parlamentarios do seu grupo, o PNV, postos en pé. Cousa que non veremos co socialista Patxi Vázquez, quen rematará a súa vida política pateado até polos seus. Non se lembra o dito de Roma non paga a traidores?

 

Deixa unha resposta