Comando ciberespacial e a nova guerra da desinformación

Supoño que xa tes lido e lido sobre ataques piratas contra os sitios en Internet que tanto molestaban ácoidado-coas-intencions-manipuladoras administración do imperio estadounidense e que,  por iso, a  administración Obama está dándolle o último retoque ao seu novo exército ciberespacial. Os xornais de EE.UU. dicían que era garantir a seguridade das redes de computadoras militares de EE.UU., ameazadas pola intrusión de “hackers de países como China e Rusia. Os expertos din que iso  non ten nada que ver coa realidade.

Debido ao incremento de usuari@s da internet que fuxe da prensa escrita (a maior parte dela está controlada pola oligarquía), o poder imperial necesita controlar novos medios de información, creando novos sitios web  que está adicados  actualmente á guerra da desinformación ou,  por exemplo, á creación de ciberdisidentes á medida da retórica “libertaria” das tropas norteamericanas para xustificar as súas accións bélicas. O cambio cultural fai que a Internet sexa como un novo campo de guerra. Aparece na Jiribilla, unha revista de cultura cubana que, para conseguilo, o imperio está creando e incrementando unha rede mundial de sitios web informativos en lingua estranxeira coa contratación de xornalistas locais para escribir historias de acontecementos de actualidade e outros contidos que promovan os intereses de EE.UU. en calquera parte do mundo.  Segundo USA Today existe un denominador común destas publicacións:

· Ser escrito por xornalistas locais contratados para elaborar historias que se axusten aos obxectivos do Pentágono.

· Persoal militar ou os seus contratistas revisan as historias para asegurarse de que sexan compatibles con eses obxectivos.

· Aos xornalistas págaselles polo que publican.

. E por suposto, a suma discreción, que se traduce no enmascaramento da hospedaxe para os sitios web e os rexistros de dominio, e a reserva de como funciona a trasfega do diñeiro para o pago aos tradutores e ao persoal técnico e xornalístico.

Outra variable común, non revelada polo USA Today, é a propiedade do dominio, en mans da compañía GoDaddy, dedicada ao rexistro de dominios e solucións para Internet que se caracteriza por ofrecer estes servizos preservando o anonimato do comprador.  O dono e único inversionista desta compañía é Bob Parsons, ex membro do Corpo de Mariña da Forza Naval norteamericana e veterano da guerra de Vietnam, home de cuantiosa fortuna e entusiasta defensor de métodos extremos para “abrandar” terroristas.

Os académicos militares ofrecen, ademais, outra variable importantísima na guerra de información vía Internet. Para facer pasar os prexuízos como feitos reais estes deben ser filtrados a través dunha perspectiva persoal, acompañada preferiblemente de imaxes e outras evidencias que proben que a testemuña  atópase efectivamente no lugar do relato.

Un caso moi controvertido  foi o do blogueiro iraquí Salam Pax, quen durante a invasión norteamericana mantivo misteriosamente o seu blogue  anti Saddam e anti Bush. Hai evidencias de sospeitosos ciberdisidentes  en Serbia, China, Vietnam, Irán, Siria ou en  Cuba coa  meteórica fama da bloguera  “apolítica” Yoani Sánchez (patrocinada por grupos da ultradereita) que ten o servidor aloxado en Alemaña, rexistrado a nome de Josef Biechele, e cun soporte técnico que alcanza os centos de miles de euros. Non vos parece moito para unha bloguera media cubana cando por culpa do bloqueo estadounidense é dificultosa, por agora, na illa a conexión a internet? E que escriba dende hoteles de luxo?  É curioso verdade? Os que temos  blogue sabemos que non poderiamos manter un soporte de centos de miles de euros e menos en Cuba. Par ter unha mellor información sobre esta nova guerra ciberespacial recoméndoche acceder á noticia completa da Jiribilla.

   

 

Deixa unha resposta