Archive for Maio 30th, 2009

Guillerme Vázquez e Ana Miranda en Carballo: Nós só queremos que nos permitan producir en igualdade de condicións.

 

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou esta mañá en Carballo nun mitin no queEn Bergantiños tamén queremos ir a Europa, vés? tamén interviron a candidata nacionalista ás eleccións europeas, Ana Miranda, e o alcalde da capital de Bergantiños, Evencio Ferrero.

O Portavoz Nacional do BNG avogou por defender os dereitos da clase  traballadora e dos pobos fronte a un Mayor Oreja, representante da elite oligarquica e alineado coa ala máis dura da Igrexa, que minimiza os abusos sexuais a menores. Guillerme Vázquez asegurou que o BNG quere unha sociedade libre e non “ayatólica”.

 Ana Miranda afirmou que o BNG en Europa, igual que nas institucións nas que estea representado, defenderá sempre os intereses de Galiza, pois a única formación política que se presenta ás eleccións europeas marcando a súa axenda desde Galiza é o BNG. Read the rest of this entry »

 

Fernando Blanco en Malpica: Galiza necesita ter representación propia no Parlamento Europeo.

O deputado e ex conselleiro de Innovación e Industria do anterior goberno da Xunta, Fernando Blanco,Fernando Blanco Con Daniel García falou en Malpica da necesidade votar nestas eleccións europeas en clave de defensa dos intereses de Galiza, pois estas eleccións celébranse nun contexto de crise económica nunha Europa dos mercaderes  que amosa un claro afán monetarista da minoría oligárquica, das grandes corporacións que degradan o estado de benestar, afectándolle clara e negativamente ás clases traballadoras, aos autónomos e ao pequeño e mediano empresariado como o galego.

 Exemplos claros disto témolo, entre outros,  no sector lácteo, na política agraria e gandeira, na pesca, na construción naval, no desregulamento laboral… Que Galiza teña representación política propia no Parlamento Europeo e noutras institucións, é irrenunciable para o nacionalismo galego e beneficioso para o conxunto da sociedade galega. O BNG defende unha  política europea  que aposte por un cambio de rumbo para reconducir a UE cara unha verdadeira Europa Social e dos Pobos que nos permita avanzar tamén na procura dun desenvolvemento económico autocentrado e sustentábel. Ao final do acto o deputado nacionalista convidounos a ler o programa electoral do BNG  xa que unha sociedade ben informada  é unha sociedade do coñecemento.