Archive for Maio 28th, 2009

Sea educado, imponga el castellano.

 

Gazas á reforma  que vai facer Núñez Feijóo da Lei de Función Pública,  @s futur@s funcionari@sOutra longa noite de pedra para os dereitos do galego poderán examinarse exclusivamente en castelán. Dese xeito, os opositores que opten a unha praza pública dependente da Xunta de Galiza xa non terán a obrigatoriedade de facer ningunha proba en galego. A chamada cortesía lingüística dos TUCSIM baseada na falsa “liberdade de elección” e defensora da “promoción do galego”  permitirá que ningunha administrada ou administrado poda ter, na realidade, o dereito  a ser atendido en galego. Feijóo pasa das críticas que a Mesa e as organizacións sindicais  lanzaron contra esta medida discriminatoria do idioma galego no noso propio país pois, como  explica o xefe dos TUCSIM,  hai que asumir os resultados  das eleccións. Xa se sabe, ou aprendemos a votar en clave galega ou pasa o que está a pasar. E aínda faltan uns longos catro anos para poder cambiar o actual goberno TUCSIM da Xunta. Máis datos aqui ou aquí

 

 

 

 

 

Eleccións europeas: mitins en Bergantiños

Das novas que me están a chegar comunico o lugar e hora do mitins que se realizarán en Bergantiños:

Venres, 29 de maio. 21.00 horas

 Casa da Cultura de Seia. Malpica de Bergantiños.

 Mítin do BNG, coas intervencións de:

 -Paco Souto (responsábel de organización do BNG de Malpica de Bergantiños),

-Daniel García (responsábel local) e

 -Fernando Blanco (deputado no Parlamento Galego).

 

Sábado, 30 de maio. 12.30 horas

 Mítin comarcal do BNG no Pazo da Cultura de Carballo.

Falarán:

 -Evencio Ferrero (alcalde de Carballo),

-Ana Miranda (candidata ao parlamento europeo) e

 -Guillerme Vázquez (portavoz nacional).

 

Domingo, 31 de maio. 20.30 horas

Mítin en Coristanco. Tasca A Pataca.

 Falarán:

- Laura Mariño (militante de Galiza Nova),

 -Manuel Vázquez (portavoz municipal) e

-Alberte Souto (candidato ao parlamento europeo).

 

Venres, 05 de Xuño de 2009. Ás 21:00 horas   

Mitin BNG nA Laracha. Lugar: Restaurante ABC

r/ López Astrai

 falarán:

-Soraya Grela (militante de Galiza Nova)

-Xoán M. Sande (voceiro municipal e deputado provincial)

-Alfredo Suárez Canal (deputado no Parlamento Galego)

bng-a-europa

 

Científicos galegos contra a marxinación do noso idioma

Nunhas  declaracións ao xornal  “Faro de Vigo”, o voceiro da “Confederación das Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados” (CONCAPA), José Ramón Hermida, dicía: “Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder”.

Ese voceiro, con esas declaración,  ademais de amosar unha grande ignorancia ou mala fe prexuiciosaeu quero o galego contra o noso idioma, conseguiu que  lle responderan  contundentemete  un grupo de nove científicos galegos que traballan en proxectos internacionais do Centro Europeo de Investigación (CERN) incluído o coñecido acelerador de electróns. Estes científicos consideran totalmente inadmisíbeis o declarado por ese voceiro discriminador, xa que no ámbito de traballo deles, onde  están os mellores enxeñeiros e físicos do mundo,  están acostumados a falar entre eles de temas de alto nivel científico en galego.

Para acceder á nova clica aquí