Posted in Galiza on 05/25/2009 06:00 pm by Xosé Antón
Rogelio Martínez: Vaia exemplo de superdelegados ten o PP.
Onde está o compromiso de Núñez Feijóo sobre a rexeneración democrática na Xunta ao manter a este político no seu posto?
O deputado do BNG, Alfredo Suárez Canal tamén apelou á desaparición dos superdelegados, aos que chamou “caciques de deseño” e “comisarios políticos”, que están a causar moitos prexuízos á cidadanía”.
Rogelio Martínez (exemplo de xeración TUCSIM) acusado de presunto fraude, estafa, malversación de fondos públicos e falsidade documental, presentouse no xulgado de instrución número 1 de Ribadavia despois de coñecerse a sentenza que ditou a Audiencia Nacional española. Nese auto obrígase ao delegado da Xunta e aos responsábeis de acreditar as obras do grupo de acción local Ceivam, a devolver ao Estado máis de 50 mil euros que presuntamente defraudaron dos fondos comunitarios, ao certificaren obras que non chegaron a realizarse.
A candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, denunciou que Rogelio Martínez é un exemplo de como o PP dilapidou os miles de millóns de euros que chegaron a Galiza, sen aproveitalos para crear riqueza no país e esixiu hoxe ao presidente da Xunta de Galiza “a destitución inmediata do superdelegado da Xunta en Ourense”.
Posted in Xeral on 05/25/2009 05:31 pm by Xosé Antón
Posted in Galiza on 05/25/2009 02:51 am by Xosé Antón
No estado español tense falado moito da xeración JASP como máis preparada da historia dese pais.
Na Galiza sería a xeración NASP -Novos Aínda que Sobradamente Preparados- pois tiñan estudos universitarios e sabían idiomas, aínda que as distintas circunstancias impedíanlles chegar onde pensaban (traballo, vivenda propia, estabilidade…) tendo en conta a súa formación. Decatáronse de que o futuro non estaba, nesas circunstancias, onde crían.
Por iso a anterior administración galega consideraba necesario encontrar unha solución que lles permitise acadar unha verdadeira integración social. As políticas do anterior goberno Bipartito na Xunta de Galiza buscaban unha resposta a unha das máximas preocupacións dos cidadáns, entre elas o da xeración NASP: o acceso a un posto de traballo e a unha vivenda digna a prezos razoables, menores aos do mercado. Agardábase construír 45.000 novas vivendas protexidas até o 2.017. Esta política da consellaría de Vivenda formaba parte dunha política integral de cambio e innovadora das consellarías nacionalistas que colocaba a Galiza á vangarda do Estado para producir no noso país un desenvolvemento socioeconómico sustentábel. Nesta política transversal (da que se ten falado moito, e atacado duramente pola plataforma oligarquica-mediática do PP) destacaban as consellarías de Innovación e Industria, Medio Rural, Cultura e Vicepresidencia do anterior goberno da Xunta. Tratábase de acadar un obxectivo xusto que contemplase, entre outros, a creación de emprego estable, servizos sociais de calidade e un incremento da autoestima das galegas e galegos.
O apoio da famosa plataforma mediática, participando na campaña máis suxa da historia da democracia contra o nacionalismo, levou ao PP ao goberno da Xunta que, cunha política contraria aos intereses das maiorías sociais, apagou o Sol.
Dese xeito, chegou unha xeración de políticos grises a San Caetano que truncou a etapa bipartita (liderada polas políticas transformadoras do BNG) máis prometedora e con capacidade de construír a Galiza do futuro. Esa xeración de políticos do PP (sen proxecto de país) constitúen unha verdadeira brigada de demolición de políticas progresistas. A esa xeración de políticos demagogos no actual (des)goberno da Xunta chámolles xeración TUCSIM: Trapalleiros, Ultra Conservadores, Sin Ideas, sen proxectos de goberno para o noso país e Mintireiros. Read the rest of this entry »