Aymerich e Jorquera en Carballo: co BNG en Bruxelas os intereses e os problemas de Galiza estarán presentes no Parlamento Europeo.
Posted in A Costa da Morte on 05/24/2009 04:32 pm by Xosé AntónFrancisco Jorquera e Carlos Aymerich, portavoces do BNG e Secretarios de acción institucional no
Congreso dos Deputados e no Parlamento de Galiza, respectivamente, explicaron que a eurodeputada do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, será unha verdadeira defensora dos intereses da nación galega, como o sector naval, o lácteo ou a política pesqueira, uns intereses que para os partidos estatais están totalmente ausentes.
Os dous portavoces puntualizaron en Carballo que o BNG non vai só a Bruxelas, porque os nacionalistas imos ser os portavoces de todo o Pobo Galego no Parlamento Europeo.
Lembraron que Ana Miranda comprometeuse a ser a partir do 7 de xuño a representación diplomática da nación galega en Bruxelas, de todos aqueles que pensan en Galiza como nación e que desexan unha Europa máis democrática e máis social.
Galiza xógase moito nestas eleccións porque en Bruxelas adóptanse moitas decisións que nos afectan de xeito crucial. Por iso –salientaron- temos que estar presentes en Europa a través do BNG para defender con voz propia os nosos intereses.
