O goberno tardofranquista da Xunta de Galiza, responde con “apartheids lingüísticos” á maior manifestación pola defensa do galego da historia
Posted in Galiza on 05/20/2009 01:56 a.m. by Xosé Antón
Feijóo, o mesmo que levantou no seu día a bandeira do odio contra a nosa lingua, preside un goberno
da Xunta que, como dixo Guillerme Vázquez, responde á multitudinaria manifestación en defensa do idioma do 17 de maio coa separación do alumnado en función da lingua, creando ‘apartheids lingüísticos’, e coa “vía da prepotencia” co anuncio da derrogación do actual decreto do galego.
Avogou o Portavoz nacional do BNG por «recuperar o consenso que rompeu o PP antes e despois» do 1 de marzo e recomendou á Xunta que non se pode facer unha política baseada nos sectores máis extremistas do electorado
O presidente da Mesa, Carlos Callón, que viña de celebrar unha reunión con Guillerme Vázquez, lembrou que o galego une e Feijóo, lamentabelmente separa e acusou ao PPdeG de «romper o consenso lingüístico» e de «levantar a bandeira do odio respecto ao noso propio idioma». Read the rest of this entry »