Se non está o BNG en Europa, quen vai defender alí o noso país?
Posted in Galiza on 05/19/2009 08:51 pm by Xosé Antón
A candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, subliñou hoxe que “a
presenza de eurodeputados do BNG no Parlamento Europeo é a única garantía de que os intereses galegos sexan escoitados e defendidos en Bruxelas”.
Miranda realizou estas declaracións esta durante un encontro con estudantes no campus universitario de Vigo, no que tamén participou a edil do BNG e tamén candidata ao Parlamento Europeo, Iolanda Veloso.
A candidata nacionalista asegurou que o modelo de Unión Europea que defende o BNG “é o dunha Europa máis democrática e social, máis solidaria cos países pobres, e na que os intereses de Galiza sexan defendidos”.
Nestes cinco últimos anos asistimos á procesión dos caladiños en Bruxelas pois Galiza estivo completamente ausente”. Por iso, a candidata nacionalista, subliñou que “só a través do BNG os intereses de Galiza serán escoitados e defendidos en Bruxelas”.
