17 de maio: Vaia molladura por culpa dun caradura, mais nin un paso atrás para o noso idioma
Posted in Galiza on 05/17/2009 09:02 p.m. by Xosé Antón
Sen dúbida, a convocatoria da Mesa na defensa do idioma galego foi un éxito. Chovendo a chuzos,
mais de 50.000 manifestantes de diversos colectivos e a título individual, percorríamos Compostela berrando “aínda que se molle, o galego non encolle”, “sempre en Galiza, sempre en Galego” ou “vaia molladura por culpa dun caradura” até chegar á ateigada Praza da Quintana. Miles de persoas non puideron entrar, por moito que o presidente da Mesa, Carlos Callón pedise que nos arrimásemos máis e máis.
Carlos Callón, lembrou que estabamos participando na maior manifestación pola defensa do galego da Historia, aproveitando para criticar a derrogación do Decreto que promove o galego no ensino, prometida polo actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Presidente que, como subliñou Callón, ten varios conselleiros que son uns analfabetos en galego: Feijóo, o mesmo que levantou no seu día a bandeira do odio contra a nosa lingua, dixo onte que había quen quería apropiarse do galego. Nós pedímoslle que el tamén se apropie do galego, que o faga seu, e tamén llo pedimos aos seus conselleiros, como Pilar Farjas ou Javier Guerra, analfabetos en galego”. A resposta das persoas que ateigaban a praza non se fixo agardar: que o aprendan!!! Read the rest of this entry »