Archive for Maio 16th, 2009

17 de maio: A Mesa lembra que “hai máis razóns que nunca” para manifestarse mañá en defensa do galego

 Na praza da Quintana, no acto final da manifestación organizada pola MESA,  intervirán Avelino Pousa Antelo, Yolanda Castaño, Teresa Moure, Mercedes Peón, Nemésio Barxa, Brais Fernández e Carlos Callón.

Tamén desde as organizacións políticas como o BNG, de colectivos de distintas localidades, como poden ser as asociacións Quinta Feira, Campo da feira e A Cutareira da Laracha, anímannos  a manifestarnos este domingo contra a discriminación do noso propio idioma que pretende o actual goberno na Xunta de Galiza.

Na véspera do Día das Letras, A Mesa pola Normalización Lingüística fai un último chamamento á participación na manifestación que percorrerá mañá as rúas de Santiago de Compostela baixo o lema “O galego, a nosa columna vertebral”. Read the rest of this entry »