Archive for Maio 14th, 2009

Un anxo exterminador do galego nun goberno tardofranquista

Apunta o xornal  “El país” que o sociolingüista Anxo Lorenzo ( relacionado a sectores do PSdun-verdugo-do-galegoeG) será o encargado da política lingüística no Goberno de Alberto Núñez Feijóo. O PPdG xa encontrou  o seu exterminador  ideal  do idioma galego. Non é de Galicia Bilingüe e pode dar unha imaxe pública de moderado. Excelente anxo exterminador.

 Coincidimos moitos que  primeiro paso que  dará o PP será derrogar o decreto do galego no ensino, impoñendo o castelán en forma de “consenso”:

 temos a maioría absoluta, polo tanto podemos matar o galego, afogalo ou marxinalo,  eliminando  as probas obrigatorias de galego para o acceso ao funcionariado ou lexitimar un cambio da Lei de Normalización Lingüística que permita oficializar a forma castelá do topónimo das cidades galegas. Estamos, dese xeito, dispostos a consensuar a forma de exterminio. Read the rest of this entry »

 

Comando ciberespacial e a nova guerra da desinformación

Supoño que xa tes lido e lido sobre ataques piratas contra os sitios en Internet que tanto molestaban ácoidado-coas-intencions-manipuladoras administración do imperio estadounidense e que,  por iso, a  administración Obama está dándolle o último retoque ao seu novo exército ciberespacial. Os xornais de EE.UU. dicían que era garantir a seguridade das redes de computadoras militares de EE.UU., ameazadas pola intrusión de “hackers de países como China e Rusia. Os expertos din que iso  non ten nada que ver coa realidade.

Debido ao incremento de usuari@s da internet que fuxe da prensa escrita (a maior parte dela está controlada pola oligarquía), o poder imperial necesita controlar novos medios de información, creando novos sitios web  que está adicados  actualmente á guerra da desinformación ou,  por exemplo, á creación de ciberdisidentes á medida da retórica “libertaria” das tropas norteamericanas para xustificar as súas accións bélicas. O cambio cultural fai que a Internet sexa como un novo campo de guerra. Aparece na Jiribilla, unha revista de cultura cubana que, para conseguilo, o imperio está creando e incrementando unha rede mundial de sitios web informativos en lingua estranxeira coa contratación de xornalistas locais para escribir historias de acontecementos de actualidade e outros contidos que promovan os intereses de EE.UU. en calquera parte do mundo.  Segundo USA Today existe un denominador común destas publicacións:

· Ser escrito por xornalistas locais contratados para elaborar historias que se axusten aos obxectivos do Pentágono. Read the rest of this entry »