Archive for Maio 11th, 2009

Un BNG fortalecido despois dunha decisiva Asemblea

 

Fotogalería da Asemblea

Guillerme Vázquez novo Portavoz Nacional

Co 55% dos votos Guillerme Vázquez foi elixido   Portavoz Nacional do  BNG. No seu discurso de peche de asemblea subliñou que desta asemblea sae un  BNG máis fortalecido  e que na fronte nacionalista non sobra ninguén.

Guillerme Vázquez fixo un chamamento a todos os militantes a traballar unidos para que o nacionalismo se converta na alternativa ao PP. Puxo ao BNG de exemplo de democracia interna, como a  que se viviu na asemblea extraordinaria,  a máis participativa da historia do BNG: “a sociedade quérenos ver así, unidos e operantes, todos sen exclusións» e “a militancia ten que ser a protagonista da acción política do BNG».

Tamén falou das vindeiras eleccións europeas do 7 de xuño, lembrando que só cando o BNG está presente os intereses de Galiza están defendidos. Con respecto ás  políticas lingüísticas do PP dixo que o BNG non vai quedar impasible, así a  vindeira semana (domingo 17 de maio) estará presente na  manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Nova Executiva Nacional  do BNG

A Read the rest of this entry »