Archive for Maio 9th, 2009

Ás portas da Asemblea Nacional Extraordinaria máis decisiva do BNG

As candidaturas presentadas para a Asemblea Nacional Extraordinaria máis decisiva destes últimosbng-en-asemblea anos no BNG, que se celebra mañá,  son as de Alternativa pola Unidade do BNG (APU), que lidera Guillerme Vázquez;  Máis BNG, encabezada por Carlos Aymerich; Lista de Encontro, que representa  Xosé Manuel Beiras; e Máis Alá, con Rafael Vilar de número 1.

Precisamente hoxe sae publicada en Xornal.com  unha entrevista a Guillerme Vázquez onde sinala que  O BNG enfronta unha asemblea histórica e decisiva en dous ámbitos: o organizativo e o político.

Guillerme subliña que a organización precisa un certo revolcón, un cambio nas formas e nos modos de traballar, onde a dirección ten que ser máis compartida e con menos hiperliderado. O BNG, como forza transformadora de acción social, necesita líderes, pero tamén unha dirección colectiva, máis contacto coa base e seguir definindo cales son os mínimos comúns denominadores que rexen o Bloque Nacionalista Galego.

Na entrevista clarifica que no BNG caben moitas correntes pero o que non caben son as posicións antagónicas. Que dentro da organización se discuta canto se queira, pero cara fóra  hai que falar cunha mensaxe definida e unida do BNG como forza política nacionalista de esquerdas que é.

 

Fernando Blanco afirma que o PP non ten proxecto nin para Xacobeo, nin para o país.

Nunha rolda de prensa, os portavoces de Economía e Turismo do grupo parlamentar do BNG,ex-conselleiro-de-industria-fernando-blanco-bng Fernando Blanco e Carme Adán, urxiron ao presidente da Xunta de Galiza a que comece a gobernar, pois as eleccións ao Parlamento Galego remataron o 1 de marzo e só se dedica  a criticar e paralizar o labor do anterior goberno bipartito. Con esa actitude, a cidadanía galega empeza a percibir que hai un goberno que sigue en campaña, que non goberna e paraliza as grandes accións do anterior goberno pero non pon ningunha medida sobre a mesa.

Fernando Blanco advertíu de que hai un traballo feito polo goberno anterior e agora o actual  pode decidir as actuacións que teñen que tomar porque, se hai proxecto de goberno, teñen tempo para realizalo, “o que pasa é que non teñen proxecto nin para Xacobeo, nin para o país”.