Alternativa pola Unidade reafirma na Costa da Morte a súa aposta por unha Asemblea Nacional de unidade e un BNG frentista
Posted in A Costa da Morte on 05/07/2009 01:40 a.m. by Xosé Antón
Onte pola noite (mércores 6 de maio) visitounos Guillerme Vázquez para explicarnos que a Alternativa
pola Unidade aposta por que a Asemblea Nacional Extraordinaria do vindeiro domingo sexa unha Asemblea Nacional de unidade e non de confrontación. Desde sempre- subliñou- apostamos con clareza por conseguir un BNG unido e con capacidade de actuación social. A militancia nacionalista e sociedade galega agarda de nós que actuemos unidos. Se esa unidade non se conseguise por arriba conseguiríase pola base.
A Alternativa pola Unidade pretende unha dirección do BNG frentista na que estean representadas todas as sensibilidades, como produto dun diálogo multilateral e sen exclusións. Non avala, lembrou Guillerme Vázquez, unha Asemblea Nacional constituída como unha confrontación entre maiorías e minorías, con goberno e oposición. Esa dinámica non é propia dunha organización democrática e plural como a do BNG, e desde logo esa dinámica non ten nada que ver co voto expresado con absoluta clareza pola militancia do BNG o pasado 18 de Abril. Read the rest of this entry »