Lémbrate Patxi López, quen pacta con traidores convértese en traidor
Posted in Mundo on 05/06/2009 12:47 a.m. by Xosé Antón
Dicíanche que é difícil acertar Patxi López , pero cando teñas que tomar decisións pon nun lado da
balanza o máis importante: a dignidade; na parte contraria pos o desexo avaricioso do poder e o interese dun partido desnortado e saberás se a decisión é correcta ou non.
Iluminado López, es o primeiro lehendakari socialista da historia, grazas aos 39 votos do teu partido, do Partido Popular e UPyD de Rosa Díez, vaia amigos te gastas!
O resultado da alianza do teu PSOE e do PP constitúe un acordo indecoroso e inestable que permite o cambio dunha visión nacionalista de peso en Ajurianea, na lehendekaritza ao xiro españolista casposo, rancio. Un cambio considerábel, sen dúbida. A sinatura do acordo entre o PP e o PSE, deixou claro o que queren desfacer, a visualización do cambio cara atrás quérena proxectar naqueles ámbitos nos que Euskadi foi construíndo unha identidade social e cultural propia engadida a un desenvolvemento socioeconómico sustentábel.
Trátase dun pacto similar á das cruzadas para destruír, que manifesta con claridade o triunfo das teses máis reaccionarias do xiro españolista que lidera o PP, sustentando das cordas do monicreque ao PSOE. Read the rest of this entry »