Archive for Maio 3rd, 2009

Pola dignidade d@s galeg@s paremos a etnocida marxinación do galego na Galiza

Coas políticas que o Partido Popular está aplicando, con Feijóo á cabeza, demostra  buscar a desaparición  do idioma propio das galegas e galegos. Por iso, como membros da sociedade galega, temos que mobilizarnos contra a imposición lingüística do rancio españolismo. Non podemos permitir que os actuais dirixentes tardofranquistas da Xunta confinen a nosa cultura á absoluta marxinalidade, do mesmo xeito que non podemos permitirnos enterrar o galego nin outro retroceso letal para a lingua que nos une como galegas e galegos.
Que o dereito a expresarnos na nosa propia lingua no noso país, teña que ser reclamado, como se dunha especie protexida en extinción se tratase, amosa de xeito ben evidente a delicada situación na que se atopa o noso idioma.

 Mais tamén anima a vitalidade de significados sectores da nosa sociedade na defensa do galego como é a Mesa  Pola Normalización Lingüística,  que este domingo, 3 de maio, repartiu en Paiosaco ( A Laracha), en colaboración coas asociacións Quinta Feira, A Cutareira e Campo da Feira, a información relativa á manifestación nacional do vindeiro 17 de maio cuxo lema será O galego, a nosa columna vertebral. O idioma que nos une! e que comezará ás doce do mediodía na Alameda compostelá.

Podes acceder aquí á galería de fotos do reparto

 

O Científico Leonard Horowitz sinala que a gripe porcina e aviar son fabricadas en laboratorios nunha conspiración para cometer xenocidio.

Publican en Aporrea que a gripe porcina e aviaria son creadas en laboratorios e libéranse á poboación para obter beneficiosvirus económicos a través da venda das vacinas que os mesmos laboratorios elaboran.

Explícao neste vídeo Leonard Horowitz, médico especialista en Saúde Pública, en Bioterrorismo e urxencias por enfermidades.  Diplomado en Harvard e membro do equipo de investigadores desta universidade, é autor de 15 libros, entre eles o best seller Virus emerxentes: SIDA e Ebola, naturais, accidentais ou intencionais. A publicación deste libro permitiu a apertura dun investigación oficial en Estados Unidos. Tamén escribiu As Mentiras que cremos, A Cía, Hollywood e o BioTerrorismo e Morte no Aire: Mundialización, Terrorismo e Guerra bacteriolóxica, onde Horowitz acusa ao cartel petroleiro e farmacéutico de preparar un novo xenocidio programado.