Archive for Maio 1st, 2009

Manifestación da CIG nA Coruña cunha participación de 3.500 persoas

 

Galería de fotos da manifestación do primeiro de maio na Coruña.

20.000 traballadoras e traballadores mobilízanse  na Galiza “Polo Emprego, Dereitos e Prestacións Sociais”.

 Publica a CIG na sua web que se sumaron máis de 20.000 traballadoras e traballadores  baixo o lema “Polo Emprego, Dereitos e Prestacións Sociais” nas manifestacións convocadas nas sete cidades de Galiza, na Mariña e  Ribeira.  As reivindicacións do sindicalismo galego a prol dun modelo económico e social máis xusto e solidario enfrontanse á continuidade da aposta polo modelo neoliberal  do goberno e a patronal. A manifestación máis numerosa foi a celebrada en Vigo, onde participaron preto de 12.000 persoas. Alí, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, referiuse á que no 2008 a central apuntaba a dúas posíbeis vías de saída da crise: profundar no modelo neoliberal ou levar adiante reformas estruturais que abrisen camiño a un novo modelo económico e social. “A estas alturas xa temos constatado que o capital ten apostado pola primeira vía. Non se tomaron decisións que fagan pensar nun cambio de modelo económico e produtivo. A propia patronal lanza mensaxes pedindo abaratar o despedimento, novas formas de contratos temporais, conxelar os salarios ou reducir os impostos ás grandes fortunas. Medidas todas que profundizan no modelo neoliberal, para nós fracasado”, afirmou Seixo.

A Coruña reclama medidas urxentes para a comarca

A manifestación da CIG na cidade de A Coruña que, cunha participación dunhas 3.500 persoas, Read the rest of this entry »

 

Entrevista realizada pola cadea Al Jazeera a Hugo Chávez.

Recoméndoche ver esta entrevista realizada pola cadea Al Jazeera (de Qatar)  na que  o presidente de Venezuela, Hugo Chávez,  fala das relacións internas, internacionais e do proceso Revolucionario Bolivariano. A entrevista é do 20 de marzo deste ano, mais rezuma actualidade. Non a perdas!

Clica na parte I para comezar a entrevista e despois eleva o son no símbolo do altofalante da imaxe (abaixo á dereita)

Clica no video para velo
Podes ver outros en radiomundial.com.ve