Lúcese o novo conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez: cómpre pechar explotacións gandeiras

 

Atendendo á información que publica A Nosa Terra, o Goberno do PP non sabe que facer coas sector-lacteo-nas-mans-do-ppexplotacións agrarias, a primeira medida que se lle ocorre ao conselleiro do PP é pechalas.  Facilitar o abandono das explotacións considérao o máis intelixente. A segunda é que non considera prioritario o Grupo Lácteo Galego. A terceira  medida (opción do seu grupo parlamentar- do PP) é pedir apoio aos outros dous grupos políticos da cámara galega (BNG e PSOE ) na procura de solucións “urxentes” para paliar a crise do sector lácteo, algo así como : e agora que se fai?

A postura do BNG é radicalmente distinta á proposta de Samuel Juárez . Na web do semanario publícase que a portavoz do BNG, Tareixa Paz, asegura que as demandas de sindicatos e cooperativas agrarias «concordan» coas necesidades actuais do sector que, ao seu xuízo, pasan pola «intensificación» das axudas do Igape e a creación de novas liñas que permitan aprazar o pago das débedas contraídas polos gandeiros. As organizacións agrarias consideran necesario alcanzar “acordos” que permitan fixar unha “liña común, única e conxunta” na procura de solucións “urxentes” para paliar a crise do sector lácteo.

Paz trasladou a disposición da formación nacionalista a subscribir acordos «de país» coas demais forzas políticas da Cámara galega, ao soster a necesidade de manter unha posición que poida defenderse en todos os ámbitos de decisión que afectan ao sector lácteo.

 

Deixa unha resposta