O falanxismo dos anos noventa e o antigaleguismo chegou ao goberno da Xunta
Publicado en Galiza o 26/04/2009 13:42 por Xosé AntónUn dos máis estreitos colaboradores do conservador conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda,
simpatizou co falanxismo. José Norberto Uzal Tresandi, nomeado director xeral de Administración Local, concorreu nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 na candidatura nos primeiros postos da lista (cuarto) de Falange Española Independiente. Tamén ocupou o posto de director xeral na Federación Galega de Municipios e Provincias e foi contratado como asesor xurídico do concello de Cambados.
Rueda, man dereita do presidente da Xunta é un antigaleguista, como se puido ver na manifestación segregacionista contra a normalización do idioma galego onde marchou coa Falange, con persoas de extrema dereita, que agora dirixen a administración da Xunta e con Galicia Bilingüe.
Por certo, Andrés Freire , autor do texto contra o galego publicado pola Fundación FAES de José María Aznar é un dos redactores do primeiro manifesto de “Tan gallego como el gallego” ( a organización que posteriormente deu paso a Galicia Bilingüe), formou parte do PP e encargouse das relación do partido coa prensa en Vigo até a derrota das eleccións xerais do 14 de marzo de 2004.
Atendendo a esta información, xa non estraña o anuncio de Núñez Feijóo de suprimir as galescolas, derrogar o Decreto do Galego no Ensino co obxectivo evidente de eliminar o galego das cidades, da ensinanza ou de calquera estamento público e confinar a nosa cultura á absoluta marxinalidade. O desprezo á nosa cultura é visíbel nas declaracións do Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, cando di que “a cultura galega limita”.
Se a todo o anterior lle sumamos as miserables mentiras de Alberto Núñez Feijóo na recente campaña electoral; o caso do conselleiro de Obras Públicas e Medio Ambiente, Agustín Hernández, que asinara na Xunta contratos millonarios para varias firmas, traballando nestas mesmas firmas semanas despois; as declaracións de Manuel Ruíz Rivas, voceiro parlamentar do PP de Galiza, nas que considera “paridas sobre paridade” as críticas da oposición no Parlamento Galego (BNG e PSOE) polo incumprimento da lei de igualdade e a eliminación da consellaría de Medioambiente (rebaixada a ser unha dirección xeral e subordinada á consellaría de Obras Públicas e Urbanismo) agárdanlle outra vez tempos escuros ao noso País.
05/01/2009 at 01:40
Temos o que nos merecemos, somos o que votamos, votemos como galegos o PP, claro.
Son frases lapidarias pero que resumen o que a sociedade galega representa ou co
que se sente identificada (a lo menos a maioría por moito que me foda dicer isto)
A verdade que a reportaxe non ten desperdicio, e realmente catastrófico o troco
de goberno na Galiza, pois voltamos a época cuaternaria con estos especímenes de
museo vivinte franquista.
No medio de toda a crise devorando as familias, no medio do desemprego que
aumenta día a día e destrúe ó proletariado, están os sindicatos excesivamente
politizados, non sendo capaces de convocar unha folga xeral unidos, por medo a
que as ideas ou obxetivos que representan se vexan danados nos medios de
comunicación fronte a opinión pública!! e mentres a dereita reaccionaria e extre-
mista, esa que se amosa no artigo de prensa, arriba, frégase as mans xunto a
patroal, por que as centrais sindicais e os partidos políticos de esquerdas
seguen a estar únicamente preocupados polas poltronas dos que están arriba, e non
do principal, que sería facer unha folga xeral salvaxe para por de manifesto que
ista situación a temos que parar e deixarnos de conachadas, de diálogo social,
de transmitir calma, etc, etc.
Dicíalle Obelix, ó seu amigo Asterix, nos abraiantes cómics con guión de
Goscinny cando algo non entendía …»Asterix, están tolos estes romanos ou qué??
e sen agardar a resposta do seu pequeno e loiro camarada de aventuras, liábase
a ostia limpia con todo canto romano o perturbaba, son estos cómics do pouco
que queda de estirpe celta, iso, por que aínda non se decatou delo Ximénez
Losantos ou o novo conselleiro de cultura da Xunta. Eu coma Obélix, fago un
chamamento mundial a todo aquel ou aquela que se sinta galego ou galega, que
dende calquera parte do mundo onde se atope e que queira defender a súa cultura
e-lo seu país ante a invasión imperial españolista(xuro que non estou a
tratamento psiquiátrico)se decida a dar ostias tamén, por que xa se me inflaron
os collóns de ter que soportar a todo este fato de broza e de escoria
españolista sectaria, que grazas a desidia dos que din estar á
esquerda van a EXTERMINAR A NOSA NACIÓN. Xa dixen fai tempo que a mellor solucióm
para o Monte Gaiás era un camión de dinamita, ese proxecto de mausoleo de
Fragasaurio que Touriño e Quintana, se tiveron que xantar crú e sen prebe, vendo
ademáis como devoraba as perxudicadas arcas da Xunta.
Menos mal que nos queda Obélix. Patria ou morte